jueves, 14 de febrero de 2013

Aquaterapia 2012-2013


AQUATERAPIA EN AS.PA.NE.MI.



O proxecto de AQUATERAPIA está subvencionado pola Deputación de A Coruña e realízase en Termaria Casa da Auga en A Coruña.

Trátase de actividades monitorizadas cos nenos e os seus pais, do que se benefician un grupo formado por 25 persoas da Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía (ASPANEMI), sendo estas a metade pais e a outra metade fillos, os cales acoden todos os venres do mes á sesións de aquoterapia a Termaria Casa da auga de A Coruña.

Este programa de natación terapéutica é posible co apoio económico que lle brinda a Deputación  de A Coruña á Federación COGAMI-Coruña a través do denominado "PROGRAMA DE PROMOCIÓN DA SAÚDE 2012 -2013”, que ten como finalidade unha atención especializada para que non se produzan retrocesos no estado da discapacidade dos menores debido á falta de atención.

A aquoterapia desenvólvese a través de actividades monitorizadas nun dos complexos de talasoterapia (auga de mar a temperatura do corpo) máis destacados de Galicia. Os exercicios e xogos dentro da auga favorecen a relaxación a nivel psicolóxico e muscular, co que tamén se mellora a mobilidade e a autonomía.

Algúns dos tratamentos que reciben os rapaces son actividades dentro dunha piscina de auga mariña quente completamente adaptada, onde existen tamén camas de hidromasaxe, prediluvio, zona de relaxación con infravermellos, etc.

Con este tipo de tratamentos coa auga, preténdese que os nenos e nenas poidan relaxarse, mellorar a autoestima, fortalecer o ton muscular previndo as lesións, mellorar a postura corporal, aumentar a capacidade pulmonar e fortalecer o sistema cardiovascular, entre outras cualidades positivas.

O programa, que se iniciou no mes de outubro e que vai durar ata o mes de maio, conta tamén con sesións de fisioterapia individualizada de dous nenos distintos ao remate da actividade na piscina para favorecer a súa postura e ton muscular.





No hay comentarios:

Publicar un comentario