miércoles, 30 de abril de 2014

CAMPAÑA SANITARIA


CAMPAÑA  DE  DOAZÓN  DE  SANGUE

      A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia fixo un chamamento ás persoas donantes de sangue e de médula ósea ante a proximidade da ponte festiva de maio co fin de cubrir as posibles necesidades sanitarias.

    Rocío Mosquera, a conselleira, señalou que "se necesitan 500 unidades de sangue diarias" e que é "importante que os cidadáns se animen a participar nas campañas de doazón".

    Lembramos que calquera de nós nun momento determinado, por operación cirúrxica, accidente, enfermidade... podemos necesitar da xenerosidade dos demais. Sexamos nós tamén xenerosos!




OBRADOIRO DE PINTURA


OBRADOIRO  DE  PINTURA - MAIO

     Por mor da celebración o próximo día 1 de maio, xoves, do Día do Traballo e pensando na posibilidade de que algúns de vós fagades unha ponte festiva, pensamos na asociación que sería mellor retrasar o obradoiro de pintura para a vindeira fin de semana, é dicir, para o sábado día 10.

     A actividade realizarase coma sempre nun horario de 17 a 20h e nos baixos do Local Social da Solaina, en Santa Icía. Nesta ocasión o obradoiro terá como tema motivacional: "Maio, mes das flores".

     Logo da actividade, xa sabedes que haberá unha boa merenda para todos/as os/as participantes.



                       





                         
    

martes, 29 de abril de 2014

SAÍDA FAMILIAR



ACTIVIDADE DEPORTIVA


CURSO  DE  VELA

     Dende COGAMI chéganos a nova de que este verán van dar continuidade ao "Programa de Lecer Náutico" que iniciouse o ano pasado en colaboración co Real Club Náutico de Sanxenxo e a Fundación Mapfre co obxectivo de achegar o deporte da vela ás persoas con discapacidade.

    Este programa inclúe a estancia na residencia AIXIÑA de Sanxenxo, o curso de vela lixeira (20 h) en horario de mañá (de 11 a 15h) e a posibilidade de organizar diferentes actividades pola tarde para as persoas usuarias.

     Hai que organizar grupos de 4, 8, 12 ou 16 participantes e tanto o curso coma o aloxamento e o desprazamento do grupo (ida do primeiro día e volta do último) están financiados, polo que os/as participantes só terán que aboar os custos para cubrir gastos de manutención que establécense en 30€ por persoa e día, polo que isto supondrá un custo total para cada usuario/a de 150€.

     A actividade organizarase en diferentes quendas, dende o 1 de xuño ao 12 de setembro e de domingo a venres. Haberá unha quenda especial no marco da Regata Corte Inglés Master (do 12 ao 15 de setembro), totalmente gratuíta para os/as participantes seleccionados/as entre os/as mellores navegantes de cada quenda e que terán a oportunidade de competir nesta regata.

    O prazo límite para inscribirse remata este venres 2 de maio e se queredes máis información sobre datas, organización, ficha de inscrición, posibilidade de participar sen ter grupo establecido... poñédevos en contacto con COGAMI á maior brevidade no 647.861334 (preguntade por María Acuña) ou no mail lecer@cogami.es.

     

     

      

ACTIVIDADES


OBRADOIRO  DE  COMUNICACIÓN

     Lembramos que a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas (DIVERFFEC) organiza para este venres un Obradoiro de Comunicación sobre "Lectura Fácil", unha técnica de redacción e publicación orientada a facer accesible os contenidos a persoas con discapacidade intelectual e con dificultades de comprensión lectora.

      A actividade levarase a cabo pola tarde, de 17 a 20 h aproximadamente e será impartida pola psicóloga Mercedes Alonso López, experta en comunicación, nos locais da asociación da R/ Colón esquina Mendizábal B/4, P/5, baixos 38-39, en Esteiro. Lembrade que trátase dun obradoiro totalmente gratuíto.

   Para máis información podedes contactar con DIVERFFEC nos números de teléfono 981.930544 ou 620.585450 ou na dirección de mail diversidadefuncionalferrol@hotmail.com e tamén pasando pola sede da entidade.















lunes, 28 de abril de 2014

ACTIVIDADES


PROGRAMA  DE  VACACIÓNS  2014

     A Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) fainos chegar o seu Programa de Vacacións IMSERSO-COCEMFE para o ano 2014, con posibilidade de escoller destinos vacacionais nas praias (Andalucía, Levante, as illas...), nas zonas de interior (Madrid, Asturias, Lérida) ou ben nun balneario (Pontevedra).

     As condicións xerais principais para poder beneficiarse deste programa de vacacións son ser unha persoa cun grado de discapacidade física ou orgánica igual ou supeior ao 33% (tendo prioridade as que superen o 50%), ter máis de 16 anos e levar un acompañante se necesítase cadeira de rodas ou axuda para levar a cabo as actividades básicas da vida diaria.

     Para máis información sobre condicións, documentación a aportar, destinos... podedes visitar a páxina web de COCEMFE.



viernes, 25 de abril de 2014

ACTIVIDADES


FORMACIÓN  PARA  TODOS

     Dende a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas (DIVERFFEC) chéganos información sobre dúas actividades que están a organizar e que poden ser do voso interese:

- Obradoiro de Comunicación: será o próximo día 2 de maio, venres, de 17 a 20h, aproximadamente, e estará impartido pola psicóloga, experta en comunicación, Mercedes Alonso López. Esta actividade é totalmente gratuíta e nela colaboran a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol.

- I Seminario de Comunicación 2.0 e Redes Sociais: celebrarase os días 5 e 12 de maio, luns, cun horario de 17 a 20 h e será impartido por María José Barceló Morado, licenciada en Marketing. Esta actividade conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e ten un custo de 5€, entregándose un diploma acreditativo da participación na mesma.

      As prazas son limitadas polo que recomendamos que fagades a vosa reserva canto antes. Podedes para iso chamar aos números de teléfono 981.930544 e 698.183808, mandar un mail á dirección diversidadefuncionalferrol@hotmail.com ou ben pasar pola asociación na R/ Colón esquina con Mendizábal B/14, P/5, Baixos 38-39, de Esteiro, en Ferrol.