CONVIVENCIA ORGANIZADA POLA ACCU
Facémonos eco da nova publicada polo Diario de Ferrol o pasado martes 13 de maio, na que se fala da organización por parte da ACCU (Asociación de Enfermos de Crohn e Colistis Ulcerosa) dunha convivencia no Albergue Alvarella (en Vilarmaior) para o día 14 de xuño, cun horario de 12 a 20h.
Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 16 anos e o que se pretén é que tanto eles coma as súas familias aprendan a vivir coa enfermidade e coñezan outros mozos e mozas na súa mesma situación.
Grazas ao convenio coa Concellería de Benestar do Concello de Ferrol, esta xuntanza é totalmente gratuíta e non é necesario tampouco ser membro da ACCU.
Se estades interesados en participar, tedes que chamar ao 638.298605 (Xosé Lois) antes do 9 de xuño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario