VIII CARREIRA ESCOLAR ENSANCHE A
A AVV Ensanche A está a organizar a súa máis que coñecida Carreira Escolar, que este ano xa acada a oitava edición.
Será o vindeiro domingo 1 de xuño, a partir das 11, e todos aqueles que queredes participar, seredes benvidos a unha actividade, ademais de deportiva, lúdica e, nesta ocasión tamén solidaria, pois debido á situación de crise actual, recolleranse alimentos para colaborar coa Cociña Económica de Ferrol. Unha boa iniciativa que seguro terá unha gran resposta por parte de todos os deportistas.
Os e as que desexades participar na carreira tedes que poñervos en contacto coa asociación no teléfono 981.946319 ou vía mail en aspanemi@gmail.com. Agradeceríamos que non vos demorades moito, a fin de levar a mellor organización posible.
Nas seguintes imaxes podedes ver o percorrido da carreira e os grupos segundo as categorías, así como tamén os horarios e as distancias a correr en cada caso.
ANIMÁDEVOS A PRACTICAR DEPORTE EN FAMILIA!!!
ANIMÁDEVOS A SER SOLIDARIOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario