SEMINARIO EN DIVERFFEC
Dende DIVERFFEC (Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas) lémbrannos que aínda podedes reservar praza para participar no I Seminario de Comunicación 2.0 e Redes Sociais que terá lugar os próximos luns 5 e 12 de maio na sede da entidade na R/ Colón esquina Mendizábal cun horario de 17 a 20h.
O seminario será impartido pola licenciada en Marketing pola USP-CEU, María Barceló, e terá un custo de só 5€ ao estar subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña. Sinalar tamén que se entregará un diploma acreditativo de asistencia a tódolos participantes na actividade.
Para máis información podedes contactar con DIVERFFEC nos números de teléfono 981.930544 ou 698.183808, na dirección de mail diversidadefuncionalferrol@hotmail.com ou na propia asociación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario