ÚLTIMOS DÍAS PARA RESERVAR NO ESQUÍ ADAPTADO
Lembrádevos que só quedan uns días para a saída a neve deste mes, así que se desexades tomar parte nesta actividade, non esquezades apuntarvos canto antes.
A estación de esquí que imos visitar é a de San Isidro, en León, e a saída terá lugar o vindeiro venres, dia 24 de xaneiro, as 16.00 horas, dende a estación do tren de Xubia. Voltaremos o domingo, día 26, tamén sobre as 16.00 horas (saída aproximada de San Isidro). Pensade que tedes que levar obligatoriamente a certificación médica oportuna.
Animádevos!
Vai ser unha actividade chea de sorrisos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario