TARDE DE AGASALLOS E XOGOS COA VISITA DO APALPADOR
A tarde do pasado sábado 4 de xaneiro, tivo
lugar no local da nosa asociación unha actividade
moi especial: visitounos o Apalpador; un vello car-
boeiro que baixou das montañas, para palpar a
barriguiña dos nenos e nenas e saber se comeran
ben durante todo o ano.
O noso amigo falou cos pequenos e logo obse-
quioulles cuns doces agasallo que foron a ledicia de
todos e non marxou sen antes desexarnos aos asis-
tentes á actividade un moi bon ano cheo de saúde e
felicidade.
tar dunha boa merenda e os máis novos pasárono
xenial cos xogos.
Moitas grazas, Apalpador!
Agardamos a túa visita o ano que vén!
No hay comentarios:
Publicar un comentario