ACTIVIDADES ORGANIZADAS
Chegou a ASPANEMI información sobre diferentes actividades preparadas por outras asociacións e pensamos que poderían ser do voso interese:
- dende a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol establécese o II Programa de Deporte Adaptado, unhas actividades financiadas pola Deputación de A Coruña para promocionar a práctica do deporte en persoas con algún tipo de discapacidade. Lembrámovos que a prematrícula para participar neste programa hai que facela a través dun formulario na web www.comarcaferrolterra.es, na sección deporte adaptado-inclusivo, antes do día 7 de febreiro.
- dende a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas, vanse levar a cabo unha serie de obradoiros. Podedes animarvos e participar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario