TALLER DE PINTURA
Lembrade que este sábado vai haber o taller de pintura que se celebra na nosa asociación todos os primeiros sábados de mes.
A actividade terá lugar na aula 3 da sala A dos baixos do Local Social da Solaina, nun horario de 17 a 20 horas.
Xa sabedes que, ao mesmo que as outras accións que leva a cabo a nosa entidade, trátase dunha actividade inclusiva, non dedicada unicamente aos e ás nenos/as con discapacidade, senón a todo aquel que queira participar. Por iso, entendemos que se trata dunha boa oportunidade para establecer relacións interpersoais fructíferas para os nosos pequenos.
Agardamos a vosa asistencia!