viernes, 3 de febrero de 2017



O vindeiro sábado 4 de febreiro levarase a cabo o obradoiro mensual de pintura da asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía) de 17:00 a 20:00 horas  no local 3 do Local Social da Solaina, en Narón.
Os nenos que asistan poderán desfrutar de actividades totalmente lúdicas enfocadas á preparación do Entroido: elaboración de caretas e/ ou antifaces da persoaxe, animal ou temática que elixa cada neno ou nena para despois imitalo. Logo, por grupos, faremos unha representación doutros avatares para que o equipo contrario ó adiviñe. Ó rematar, reporemos forzas merendando.

Lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se centra a nosa actividade.

lunes, 23 de enero de 2017


Bos días a todos e a todas! AS. PA. NE. MI é unha asociación sen ánimo de lucro que apoia ós pais e nais de fillos e/ ou fillas con minusvalía ó mesmo tempo que axuda a tender ás necesidades dos mesmos. Para iso, levamos a cabo diferentes programas nun ambiente INCLUSIVO no que se fomenta a CONVIVENCIA INTERXENERACIONAL; entre os que destacan: APOIO FAMILIAR, HIPOTERAPIA, e OCIO E TEMPO LIBRE. A través deles realizamos actividades coma: terapias individuais e colectivas para pais e nais e nenos e nenas, esquí adaptado, obradoiros de pintura e xornadas formativas, entre outras.
Se queres colaborar connosco, xa se sexa coma socio, voluntario, ou facendo unha colaboración puntual, non o dubides, fala con nós!
Agardámoste na OFICINA F  do LOCAL SOCIAL A SOLAINA (Rúa Mercedes Freire Lago,nº4 Baixo,15570 Santa Icía, Narón) ou atendémoste no número de teléfono 981946319!!!
                  

viernes, 20 de enero de 2017

ASPANEMI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía), como cada ano, organiza unha viaxe á neve tanto para socios como para non socios, aberto a todo o publico. O que se pretende é que persoas con algún tipo de discapacidade poidan experimentar o que se sente esquiando, ademais gozaremos de unha convivencia interxeracional.
Nesta ocasión ASPANEMI aloxarase na Residencia Spa “A Minería” . Un complexo totalmente adaptado e con posibilidade de utilización do spa tanto sábado como domingo.
                                               ¿Animádesvos a participar?
Socios: 90€/ persoa. 
Non socios: 130€/persoa.
Persoas con discapacidade e o seu acompañante: 110€/ persoa.
Todo incluido excepto a actividade de esquí.
Data límite reserva: 30 de Xaneiro 2017.
Para máis información 981946319 (ASPANEMI) – 616609067 (Mar).

jueves, 12 de enero de 2017


O vindeiro sábado 14 de xaneiro AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía) invitavos obradoiro mensual de pintura que Terá lugar no local 3 do Local Social da Solaina, en Narón, nun horario de 17:00 a 20:00 horas.
Os nenos que asistan poderán desfrutar de actividades totalmente lúdicas como son a realización de diferentes  manualidades con materiais de refugallo; e que  inclúen a elaboración dun xogo de bolos do que desfrutaremos ó remátalo, así coma outros xogos e dunha estupenda merenda.
Lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se centra a nosa actividade.

martes, 20 de diciembre de 2016

XORNADAS INFORMATIVAS ASPANEMI 2016.

ASPANEMI celebrou as súas xornadas 
informativas, o día 17 de decembro de 2016 como xa viña anunciando.

Como cada ano a nosa Asociación organiza estas xornadas adicadas a discapacidade, para informar e axudar a todo o que o necesite, temas que son expostos e relatados por profesionais neste sector e familiares de afectados.

Este ano como non podía ser menos, estas foron todo un éxito, grazas ao seu contido en información, que foi moi ben acollido por todos  aqueles que nos acompañaron este gran día.
Dende ASPANEMI damos as grazas por acudir a esta cita e pola colaboración de todos os profesionais alí presentes.




lunes, 5 de diciembre de 2016

O pásado sábado, 3 de decembro, en ASPANEMI celebramos o último taller de pintura do ano. Os nenos e nenas que acudiron pasárono xenial realizando bolsos e carteiras de goma eva que, posteriormente, decoraron con rotuladores de diferentes cores para facelos aínda máis orixinais do que xa eran. Ademáis, algúns deles animáronse a facer máis dun para poder regalarllo os seus papas.
Dende aquí queremos dalas grazas a todos os pequerrechos que asistiron durante todo o ano ós nosos talleres e tamén, por suposto, os seus papas e mamas por confiar en nós, un ano máis.
Deixámosvos algunhas fotiños do ben que o pasamos todos xuntos. Un saudiño e ata a próxima.










miércoles, 30 de noviembre de 2016


Este sábado, 3 de Decembro,  ASPANEMI celebra o seu taller de pintura, unha vez máis.
Tódolos nenos e nenas que queiran vir gozarán, como en cada taller, con novas actividades e xogos. En cada taller intentamos sorprender os mais pequenos con cousas divertidas e orixinais para facer e ,nesta ocasión, non ía ser menos.  Neste obradoiro de pintura divertirémonos creando bonitos bolsos y carteiras de goma eva, ademais dunha actividade deportiva que realizaremos para garantir o desfrute de tódolos que se animen a vir.
Para finalizar o día, compartiremos unha rica merenda entre todos para recargala enerxías.
Non dubidedes en vir, imos divertirnos aprendendo e xogando.
 Esperámosvos  das  17:00h as  20:00h no Baixo do Local Social a Solaina, Nº 4, Santa Icía.