Este sábado, 3 de Decembro, ASPANEMI celebra o seu taller de pintura,
unha vez máis.
Tódolos nenos e
nenas que queiran vir gozarán, como en cada taller, con novas actividades e
xogos. En cada taller intentamos sorprender os mais pequenos con cousas
divertidas e orixinais para facer e ,nesta ocasión, non ía ser menos. Neste obradoiro de pintura divertirémonos creando
bonitos bolsos y carteiras de goma eva, ademais dunha actividade deportiva que
realizaremos para garantir o desfrute de tódolos que se animen a vir.
Para finalizar o
día, compartiremos unha rica merenda entre todos para recargala enerxías.
Non dubidedes en
vir, imos divertirnos aprendendo e xogando.
Esperámosvos
das 17:00h as 20:00h no Baixo do Local Social a Solaina, Nº
4, Santa Icía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario