O vindeiro sábado 4 de febreiro levarase a cabo o obradoiro
mensual de pintura da asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con
Minusvalía) de 17:00 a 20:00 horas no
local 3 do Local Social da Solaina, en Narón.
Os nenos que asistan poderán desfrutar de
actividades totalmente lúdicas enfocadas á preparación do Entroido: elaboración
de caretas e/ ou antifaces da persoaxe, animal ou temática que elixa cada neno
ou nena para despois imitalo. Logo, por grupos, faremos unha representación
doutros avatares para que o equipo contrario ó adiviñe. Ó rematar, reporemos
forzas merendando.
Lembrar que esta actividade está dentro do
programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a
pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato
nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no
que se centra a nosa actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario