jueves, 29 de septiembre de 2016

Este sábado, 1 outubro,  ASPANEMI celebra o seu segundo taller de pintura, despois das vacacións de verán.
Tódolos nenos e nenas que queiran  vir , gozarán  dunha xornada  inesquecible sacando o gran artista que levan dentro. Este taller será especial  porque nel  os nenos e  nenas  farán fermosos agasallos  para os seus pais, elaborando  colares e chaveiros. Ademáis dunha pequena actividade sorpresa que temos preparada  para os que se animen a acompañarnos  nesta xornada.
Para finalizar o día, compartiremos unha rica merenda entre todos para recargalas enerxías.
Vide connosco, non vos  arrepentiredes!

Esperámosvos  das  17:00h as  20:00h no Baixo do Local Social a Solaina, Nº 4, Santa Icía.



lunes, 12 de septiembre de 2016

O pasado sábado, 10 de setembro, tivo lugar o taller de pintura que xa vos viñamos anunciando estes días.
Nesta ocasión, realizamos un mural, organizamos un concurso de debuxos e, despois de recargar pilas coa merenda, xogamos todos xuntos.
Deixámosvos unha recopilación das mellores fotos para que comprobedes por vos mesmos o ben que nolo pasamos e, os que non vos animástedes a vir neste taller, vos unades a nós no próximo.
Un saúdiño!

  




jueves, 8 de septiembre de 2016

Este sábado, 10 de setembro, retomaremos os talleres de pintura en ASPANEMI. Nesta ocasión, daremoslle a benvida adiantada o outono creando un mural con motivos propios da estación polo que pregamos a tódolos pais e nais que vistan os nenos/as con roupa que se poida manchar.
Ademáis, tamén realizaremos distintos xogos para divertirnos xuntos antes de merendar.
A diversión está asegurada así que non vos podedes perder esta ocasión.
Esperámosvos na Aula 3 do Local Social A Solaina, as 17:00h
Non faltedes!


viernes, 2 de septiembre de 2016

Despois de desfrutar das vacacións, en ASPANEMI volvemos a retomar as nosas actividades, entre elas, o noso xa coñecido taller de pintura. O deste mes, terá lugar o sábado 10 de setembro as 17:00h da tarde no Local Social A Solaina e con él, despediremos o verán dando a benvida o outono xunto a tódolos nenos e nenas que queiran animarse a participar.
Diversión asegurada así que esperamos contar convosco.
Máis información a semana que ven, un saúdo grande a todos.


viernes, 12 de agosto de 2016

Bos días,
Queremos informárvos de que imos comezar oficialmente o periodo de vacacións en ASPANEMI.
Volveremos o día 1 de setembro, xoves, no noso horario habitual, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00.
Ese mesmo día contactaremos con cada un dos usuarios da asociación de cara a recuperar o ritmo habitual das actividades.
Esperamos que esteades pasando un verán estupendo e que disfrutedes o máximo do que quede de agosto. Vémonos a volta con tódalas enerxías renovadas.
Un saúdiño.


miércoles, 10 de agosto de 2016

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convocou becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2016/2017. O prazo de solicitude remata o 29 de setembro, inclusive.
Aquí vos deixámosvos os enlaces por se queredes máis información.

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2016-37709
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha/050140-2016.html#ic
Toda persoa que teña recoñecido o grao de discapacidad, xa pode solicitar a súa tarxeta acreditativa.
Aquí vos deixo a orde do DOG por se vos interesa coñecela máis en detalle,