jueves, 29 de septiembre de 2016

Este sábado, 1 outubro,  ASPANEMI celebra o seu segundo taller de pintura, despois das vacacións de verán.
Tódolos nenos e nenas que queiran  vir , gozarán  dunha xornada  inesquecible sacando o gran artista que levan dentro. Este taller será especial  porque nel  os nenos e  nenas  farán fermosos agasallos  para os seus pais, elaborando  colares e chaveiros. Ademáis dunha pequena actividade sorpresa que temos preparada  para os que se animen a acompañarnos  nesta xornada.
Para finalizar o día, compartiremos unha rica merenda entre todos para recargalas enerxías.
Vide connosco, non vos  arrepentiredes!

Esperámosvos  das  17:00h as  20:00h no Baixo do Local Social a Solaina, Nº 4, Santa Icía.



No hay comentarios:

Publicar un comentario