O pásado sábado, 1 de outubro, ASPANEMI celebrou o taller de pintura do mes de outubro. Nel, os nenos que acudiron puideron realizar dúas actividades moi divertidas.
Por un lado, elaboraron uns colares de macarróns, pintados por eles mesmos.
E, por outro lado, fixeron uns chaveiros con goma eva de diferentes cores que decoraron os propios neno/as.
Despois do “duro traballo” aproveitamos para celebrar todos xuntos o cumpreanos dunha das nosas socias cunha tarta e globos cheos de sorpresas que, finalmente, explotamos entre todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario