martes, 3 de junio de 2014

ACTIVIDADES PROPOSTAS


ACTIVIDADES  PROPOSTAS

    Dende a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas (DIVERFFEC) infórmannos da actividade que están levando a cabo con profesionais da alimentación, a "Escola de Aprender a Comer", onde ensinan como aprender a comer para ter unha boa saúde e acadar unha mellor calidade de vida mantendo o colesterol a raia, controlando os niveis de glucosa, estabilizando a tensión arterial...

     Tamén lémbrannos que continúan ata o mes de xullo cos obradoiros e talleres de: teatro, comunicación, autoestima e preparación para o graduado na ESO.

     En setembro haberá, ademais, lectura fácil,orientación laboral, comunicación 2.0 e redes sociales, informática, concurso de fotografía e formación para a vida independente.

     Se queredes información sobre estas actividades, podedes chamar ao teléfono 981.930544, poñervos en contacto vía mail no DIVERFFEC ou pasarvos polo local da asociación na R/ Colón esq. Mendizábal B/4, P/5, baixos 38-39 de Esteiro, en Ferrol.



ACTIVIDADES MENSUAIS


ACTIVIDADES  MENSUAIS  -  XUÑO

O calendario para as actividades periódicas deste mes de xuño é o seguinte:

- Obradoiro de Pintura: levaráse a cabo o sábado día 7, nun horario de 17 a 20h. Xa sabedes que, despois da actividade, os nenos e nenas participantes teñen merenda e xogos.

- Escola de Pais: será o mércores día 11 e no seu horario habitual de 20 a 22h. Unha xuntanza onde todos nós poñemos en común as nosas experiencias e aprendemos uns dos outros, nun ambiente de comprensión e apopio mútuo.

Agardamos que ambasdúas actividades sexan do voso interese e vos animedes a participar.


LEXISLACIÓN DE INTERESE


CORRECCIÓN  DE  ERROS  NO  DOGA

     Publícase no Diario Oficial de Galicia de onte, luns 2 de xuño, unha corrección de erros da orde do 16 de abril da Consellería de Traballo e Benestar pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

     Na páxina 21603, no artigo 41, punto 2, onde di: "2. Cando a baixa se produza por calquera das circunstancias a que se refiren as letras b), c), d), g), h), ou j), deberá garantirse, en todo caso, a audiencia previa da persoa interesada", debe dicir: "2. Cando a baixa se produza por calquera das circunstancias a que se refiren as letras b), c), d), g), i) ou j) deberá garantirse, en todo caso, a audiencia previa da persoa interesada".

     Deixámosvos o enlace:

lunes, 2 de junio de 2014

LEXISLACIÓN DE INTERESE


LEXISLACIÓN  DE  INTERESE

     O Diario Oficial de Galicia, no seu número 102, do venres 30 de maio, publica a orde do 28 de maio, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014-2015.

     Deixámosvos o enlace para que, os que estedes interesados, poidades consultar esta orde:





NOVA LEXISLACIÓN



NOVA  LEXISLACIÓN

     Dende a asociación facémonos eco da orde do 16 de abril, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

       Deixámosvos o enlace para a súa consulta: 


ACTIVIDADE CULTURAL


QUEREDES  VIR  AO  TEATRO?


     O 10 de xuño en Fene e o 11 de xuño en Melide é posible ver de forma gratuíta a obra "Enamorarte de Lope", representada pola compañía de Blanca Marsillach.

     Se estades interesados en asistir, tedes que avisar antes deste mércores, día 4 de xuño, remitindo un mail a lecer@cogami.es.

ACTIVIDADES


ACTIVIDADES  PARA  O  VERÁN

     Dende COGAMI, chégannos estas dúas propostas de actividades deportivas e de lecer para este verán:

- Fundación Deporte y Desafío: Entidade sen ánimo de lucro que traballa pola integración social das persoas con discapacidade. Está a organizar unha Xornada de Sendeirismo (gratuíta) para o vindeiro 28 de xuño onde 40 persoas (20 con discapacidade e 20 voluntarios) sairán en autocar dende A Coruña ata Lavacolla para percorrer os últimos 10 km do Camiño de Santiago Francés.
    O nivel de dificultade é baixo cunha ruta sinxela e asfaltada, apta para persoas usuarias de cadeira de rodas.

- Fundación María José Jove: Actividades de vela, piragüismo e axuda en praia para persoas maiores de 8 anos, cun grao de discapacidade igual ou supeior ao 33%. O prazo de de solicitude comeza o 3 de xuño, ás 10h e a inscrición é online e gratuíta, sendo a adxudicación de prazas por rigorosa orde de inscrición
     Para máis información: Fundación M. José Jove

     Agardamos que ambasdúas propostas sexan do voso interese.