martes, 20 de noviembre de 2012

Novas: Sistemas de retención infantil DGT


SISTEMAS DE RETENCIÓN INFANTIL 

PARA NENOS CON DISCAPACIDADE (DGT)


Seminario sobre "Sistemas de retención infantil para nenos con discapacidade" organizado por El Instituto de Acción Social e o Instituto de Seguridade Vial de FUNDACIÓN MAPFRE.

A seguridade dos nenos nos automóbiles faise imprescindible, independentemente da súa condición física ou psíquica, xa que todo o mundo ten dereito a desprazarse nos vehículos coa maior seguridade posible. Este é o obxectivo desta xornada, dar a coñecer a situación actual a nivel internacional dos desprazamentos nos automóbiles dos nenos con algunha discapacidade.

O seminario tivo lugar no Auditorio de FUNDACIÓN MAPFRE (Paseo de Recoletos, 23 - Madrid) este pasado més de Xulio, pero podedes seguir a emisión da xornada a través de:www.fundacionmapfre.com, posto que os relatorios quedan aloxados na devandita web.



Esperamos que sexa un tema do voso interese.

Unha aperta amigos.


Día internacional do neno

20 DE NOVEMBRO:
DÍA INTERNACIONAL DO NENO

O 20 de Novembro, Día Internacional dos Dereitos do Neno, é unha das celebracións máis importantes para os máis pequenos, xa que neste día se conmemora o conxunto de dereitos da infancia. É unha data que nos fai recordar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita que se lle protexa, senón tamén unha persoa que ten o dereito a ser educado, coidado e protexido onde queira que nacese. ¡E é máis! un neno é unha persoa que ten o dereito a divertirse, a aprender e a expresarse. Todos os nenos teñen o dereito de ir á escola, a recibir coidados médicos, e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en todos os aspectos. Todos debemos de ter un compromiso persoal cara á infancia, para que pouco a pouco poidamos asegurar aos pequenos un futuro mellor e unha vida digna para eles en calquera parte do mundo.

Dende AS.PA.NE.MI. esa é a nosa loita, crear para os nosos nenos un mundo que os integre, potencie e dignifique, e principalmente, que os deixe ser nenos.


«Todos fomos nenos algunha vez. E todos desexamos por igual o benestar dos nosos nenos, que sempre foi e seguirá sendo o anhelo máis universal da humanidade,».

- Nós, os nenos: exame de final de decenio dos
resultados do Cumio Mundial en favor da Infancia
Informe do Secretario Xeral
http://www.un.org/es/comun/docs/?symbol=A/S-27/3



viernes, 16 de noviembre de 2012

Obradoiro Pintura Novembro 2012


OBRADOIRO DE PINTURA NOVEMBRO 2012

Boas tardes amigos,

Recordámosvos que mañá sábado ás 17:30 da tarde realizaremos o primeiro OBRADOIRO DE PINTURA deste novo curso.

Como de costume é un actividade lúdica na que os vosos fillos poden entreterse pintando e xogando con cores, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade, así como relacionándose con outros nenos.

Ao finalizar o taller realizaranse xogos e farase unha merenda para todos os nenos que participen.

Será unha grande tarde para eles.

                          ¡¡¡ANIMARVOS!!!

  

martes, 6 de noviembre de 2012

AS.PA.NE.MI. xa ten FACEBOOK





¡AS.PA.NE.MI. xa ten Facebook!


Alí irémosvos informando de todas as nosas novidades, talleres e servizos, así como de toda noticia relevante no mundo dos nenos e mozos con discapacidade.


Podedes acceder á páxina da nosa asociación a través do seguinte link:



¡Seguirnos! ¡Encantaravos!








martes, 30 de octubre de 2012

Novas: Tarxeta Sanitaria Demencias


Bos días amigos,

Aquí vos deixamos unha  información que vos pode ser de utilidade. 

O SERGAS puxo en marcha unha nova tarxeta sanitaria para persoas con demencias. Para solicitala deben dirixirse o seu centro de saúde así terán un protocolo de atención diferente e as derivacións para os especialistas serán mais áxiles.

Deixámosvos o enlace do Portal da Consellería de Sanidade, por se vos interesa. http://www.sergas.es/

Un saúdo.



viernes, 26 de octubre de 2012

Inicio Campaña 2012 Tapóns Solidarios


CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS


O igual que en anos anteriores AS.PA.NE.MI. coolabora activamente na organización da Campaña de "Tapóns Solidarios", unha iniciativa de grande éxito.

A Campaña este ano é para axudar a Alba, unha moza de 14 anos con lesión cerebral dexenerativa que precisa dun custoso tratamento médico para paliar o avance dunha enfermidade voraz.

A campaña de reciclaxe "Tapóns de Plástico Solidario" posta en marcha por AS.PA.NE.MI. ten a intención de crear unha rede de colaboradores solidaria e participativa, de empresas e persoas anónimas para a recolección de tapóns de plástico duro (de iogures, botellas de auga, deterxente líquido, tapóns de tetrabricks, botellas de aceite, etc.) para a seu posterior traslado e reciclaxe. A compañía de reciclaxe RECUPERACIONES HERAN S.L, empresa de servizos situada en Murcia pagaría en función de toneladas recibidas.

As persoas, empresas ou entidades que queiran participar doando tapóns de plástico poden poñerse en contacto coa asociación no teléfono: 981 946 319, por correo electrónico a: aspanemi@gmail.com ou directamente dende o noso blog.

Un pequeno xesto voso é para nós un grande avance.


Grazas amigos.

Podedes seguir o progreso de Alba na páxina de Facebook:

lunes, 15 de octubre de 2012

Inicio Aquaterapia 2012


AQUATERAPIA



Boas amigos,

Informámosvos de que neste mes de OUTUBRO empezamos con AQUATERAPIA, un programa de promoción dá Saúde, en convenio coa DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA e COGAMI-CORUÑA.


DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Trátase dunha actividade semanal en horario de VENRES: 17:15 - 18:00 h, con monitor para un grupo total de 25 persoas (12 pais/titores e 13 fillos) e valoración inicial de fisioterapia.

LUGAR: Realízase nas instalacións de Talasoterapia (piscina de Auga de mariña a unha temperatura similar á do corpo) de TERMARIA; Casa da Auga da Coruña.

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:
  •  Relaxación a nivel psicolóxico e muscular.
  •  Axuda para a mellora da mobilidade e autonomía persoal.
  •  Fortalecemento do sistema cardiovascular e pulmonar.
  •  Mellora da autoestima persoal e dos estados de ánimo positivos.
  •  Fortalecemento dos sistemas articulares previndo futuras lesións.
  •  Función analxésica e sedante do dolor muscular e articular.


Para máis información contactar con nós a través do BLOG, do noso correo-e: aspanemi@gmail.com, ou do noso número de contacto: 981946319 (Horarios de MAÑÁ: 09:00h-12:00h e TARDE: 17:00h-20:00h.)