AQUATERAPIA

Informámosvos de que neste mes de OUTUBRO empezamos con AQUATERAPIA, un programa de promoción dá Saúde, en convenio coa DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA e COGAMI-CORUÑA.
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Trátase dunha actividade semanal en horario de VENRES: 17:15 - 18:00 h, con monitor para un grupo total de 25 persoas (12 pais/titores e 13 fillos) e valoración inicial de fisioterapia.
LUGAR: Realízase nas instalacións de Talasoterapia (piscina de Auga de mariña a unha temperatura similar á do corpo) de TERMARIA; Casa da Auga da Coruña.
OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:
- Relaxación a nivel psicolóxico e muscular.
- Axuda para a mellora da mobilidade e autonomía persoal.
- Fortalecemento do sistema cardiovascular e pulmonar.
- Mellora da autoestima persoal e dos estados de ánimo positivos.
- Fortalecemento dos sistemas articulares previndo futuras lesións.
- Función analxésica e sedante do dolor muscular e articular.
Para máis información contactar con nós a través do BLOG, do noso correo-e: aspanemi@gmail.com, ou do noso número de contacto: 981946319 (Horarios de MAÑÁ: 09:00h-12:00h e TARDE: 17:00h-20:00h.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario