viernes, 11 de julio de 2014

ARTIGO DE INTERESE


COIDADORES SEN RESPIRO

     Na asociación facémonos eco do artigo publicado o pasado mércores, día 9 de xullo, no xornal "El Ideal Gallego" que reflexa os datos do último "Barómetro del Mayor", da Unión Democrática do Pensionista, onde fálase da falta dun tempo de respiro no verán para os familiares maiores de 65 anos coidadores de persoas dependentes, pois a metade deles non terá vacacións nin descanso estival ao non contar con ningún tipo de axuda na súa situación familiar ou económica que facilite o disfrute deste tempo.

     No caso dos coidadores menores de 65 anos, o porcentaxe dos que se atopan na mesma situación é dun 36'7%.

     Sen dúbida, unhas cifras que teñen que facernos pensar en que aínda hai moito camiño por percorrer e moito traballo que facer en igualdade e servizos sociais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario