XORNADAS NÁUTICAS ADAPTADAS
Dende COGAMI infórmannos de que a asociación ADECO organiza unhas Xornadas Náuticas Adaptadas a vindeira semana, do luns 7 ao venres 11 de xullo, no Centro Naútico Municipal de Outes, no Freixo.
Cada día poderán participar 10 persoas como máximo en cada quenda (10.30 e 16.30h), agás o mércores que só haberá quenda de mañá para 20 persoas.
Se queredes participar, podedes confirmar a vosa asistencia ata o venres día 4, achegando un mail ao correo de MISELA (misela@misela.es) ou chamando ao 981.842097.
No hay comentarios:
Publicar un comentario