II PROGRAMA
DE DEPORTE ADAPTADO-INCLUSIVO
Dende COGAMI, chégannos máis novas ao
respecto do II
Programa de Deporte Adaptado-Inclusivo organizado pola Mancomunidade
de Concellos da Comarca de Ferrol coa colaboración da Deputación Provincial de
A Coruña.
Modalidades deportivas a impartir, ubicación e horarios
(previsión)
- Baloncesto en cadeira de rodas: 8 prazas. Pavillón Polideportivo
do Ensanche (R/ Río Xuvia, Ferrol). Xoves,
de 20.00 a
21.30 horas.
- Boccia:
12 prazas. Centro Público Integrado do Feal (R/ Río Seco, O Feal, Narón). Venres,
de 16.30 a
18.00 horas.
- Tenis en
cadeira de rodas: 8 prazas. Pavillón Polideportivo de Ares (R/
Celso Emilio Ferreiro, Ares). Un día á semana, hora e media.
- Baile adaptado: 12
prazas. Local Social Santa Icía (R/ Mercedes Freire Lago, Narón). Luns, de 17.15 a 18.15 horas.
A realización das actividades está condicionada á
existencia de suficiente demanda. Os horarios e lugares definitivos poden variar
Duración do programa (previsión)
A partir de febreiro, cunha duración de 2-3
meses, á espera de poder ser ampliados.
Requisitos dos participantes
- Estar empadroado nalgún dos municipios que conforman
a Mancomunidade (Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol,
Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño).
- Ter máis de
9 anos no momento de formalizar a matrícula.
As prazas dispoñibles outorgaranse
preferentemente ás persoas con necesidades de adaptación deportiva. No caso que
queden prazas vacantes,poderán ser ocupadas por persoas empadroadas noutros
municipios que non pertenzan á Mancomunidade, sen poder ser beneficiarios do
transporte adaptado.
A participación é gratuita, aínda que naquelas actividades que requiran licencia
federativa, o participante deberá posuíla antes do seu inicio.
Ponse a
disposición dos usuarios/as un servizo
gratuíto de transporte adaptado
Remate prazo prematrícula: 7 de febreiro. Máis
información: 981944000
No hay comentarios:
Publicar un comentario