NECESITAMOS MANS!
Como xa sabedes todos vós, a nosa asociación está a colaborar coa campaña solidaria de recollida de tapóns ALBA "LA PROMESA", para que Alba, unha nena da nosa comarca, poida levar a cabo o tratamento que necesita para mellorar da súa enfermidade e na súa calidade de vida.
Grazas á gran toma de conciencia e colaboración que tedes con esta causa, estanse xuntando moitísimos tapóns, pero necesitamos un pouquiño máis da vosa axuda para escollelos e podelos enviar canto antes á planta recolectora.
Por iso, as persoas que o desexen e poidan participar nesta actividade (haberá que desprazarse á rúa Río Ulla, 7, no Feal, en Narón), pódense apuntar para levala a cabo as tardes dos luns, mércores e venres, chamando previamente ao teléfono da asociación 981.946319 para que nós nos poidamos poñer en contacto e avisar da vosa participación á persoa encargada.
Moitas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario