lunes, 13 de mayo de 2013

Taller de Cans: Respiro Familiar-Maio´13


TERAPIA ASISTIDA CON ANIMAIS EN AS.PA.NE.MI.


O pasado sábado 11 de maio, a actividade de respiro familiar que periodicamente poñemos en marcha dende a AS.PA.NE.MI., e que usualmente consiste nun obradoiro de pintura tivo uns convidados moi especiais; Leo, Quillo e Gea, os cans da asociación ESTÍMULOS (capitaneados polo adestrador canino Pedro Salas), que fixeron  do obradoiro unha actividade todavía máis enriquecedora.

Leváronse a cabo xogos de presentación para estimular os sentidos, como o tacto e o oído por medio do contacto cos animais, xogos colectivos e de psicomotricidade, que divertiron os rapaces participantes na actividade.


O rematar fixéronse xogos e a habitual merendola para todos os convidados.

A vosa dereita vos deixamos a nota de prensa publicada polo Diario de Ferrol o pasado domingo 12 de maio.

Para todos aqueles interesados na asociación estímulos podedes informarvos no seguinte correo electrónico: 
asociacionestimulos@gmail.com

Se queredes saber máis das actividades e programas que pon a vosa disposición AS.PA.NE.MI., podedes contactar con nos a través do noso Tlf: 981 946 319, correo-e: aspanemi@gmail.com, Blog ou perfil de Facebook.



No hay comentarios:

Publicar un comentario