PHOTOCALL EN LINGUA GALEGA
Con motivo da conmemoración do Día das letras galegas, que será o vindeiro venres 17 de maio, instalouse hoxe 13 de maio (en horario de 17:00 a 20:00 horas) na Biblioteca Municipal de Narón, un photocall , no que as persoas que o desexen poderán mostrar o seu apoio á lingua galega, fotografiándose con frases suxestivas sobre o uso do galego en diversos ámbitos e situacións.
Estas fotografías serán colgadas no facebook de "Gústame o galego" ó que se pode acceder tamén a través do enderezo web www.gustame.gl
No hay comentarios:
Publicar un comentario