Deixámosvos aquí a seguinte información de interese sobre os CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE (superior o 33 %):
1. CONVOCATORIA:
- Campamentos xuvenís para persoas con discapacidade, organizados pola Xunta de Galicia, o prazo estará aberto dende o 27 de maio ata o 15 de xuño. Poderedes atopar a información no seguinte enlace:
Nel tendes toda a documentación necesaria para realizar a petición, tamén vola adxunto con este correo. Recordade que se presenta en rexistro da Xunta de Galicia.
¡¡IMPORTANTE!!: VOTARLLE UN OLLO AS DESCRIPCIÓNS DOS ALBERGUES POSTO QUE TODOS TEÑEN CARENCIAS A NIVEL DE ACCESIBILIDADE.
2. INFORMACIÓN:
- Para información xeral pódese dirixir de forma gratuíta ao nº 900 333 666 do Teléfono Social.
- Para información sobre a xestión do programa, remisión de documentación, valoración de solicitudes e adxudicación de prazas ao Servizo de Prevención da Dependencia da Secretaría xeral de Política Social, teléfonos 981 54 01 37 e 981 54 74 37.
- Para información sobre as instalacións nas que se desenvolve o programa dirixirse directamente ás propias instalacións ou ao Servizo de Xuventude e Voluntariado da xefatura territorial da provincia na que está ubicada a instalación:
- A Coruña: Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - 15008 A Coruña. Telfs: 881 88 12 40 /881 88 12 41 /881 88 12 43 /881 88 12 44.
- Lugo: Ronda da Muralla, 70, 27001 Lugo. Telfs: 982 29 42 24 /982 29 42 51 /982 29 49 23.
- Ourense: Avenida Habana, 81, baixo, 32004 Ourense.Telfs: 988 38 61 20 /988 38 61 16 /988 38 61 15 /988 38 61 18.
- Vigo: Rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo. Telfs: 986 81 70 78 /986 81 77 81 /986 81 76 56.
- Para información sobre as actividades desenvolvidas en cada destino, no caso das prazas de integración serian as mesmas referencias do apartado anterior e para as prazas específicas tamén ás propias instalacións ou ao Servizo de Prevención da Dependencia da Secretaría xeral de Política Social. Telfs: 981 54 01 37 e 981 54 74 37.