miércoles, 23 de marzo de 2022
CAMPAÑA ESTATAL POLA INCLUSIÓN INFANTIL DOS NENOS E NENAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
ASPANEMI pide máis apoios para as nenas e nenos con discapacidade.
• A entidade reclama aos poderes públicos garantir o desenvolvemento persoal e futuro profesional dos mais de 100.000 nenos e nenas con discapacidade que hai no Estado Español.
• As catro chaves para o desenvolvemento da infancia son discapacidade en igualdade de condicións son diagnóstico precoz e atención temperá; apoios para a autonomía; acceso e dispoñibilidade de recursos, incluído o medio rural, e educación inclusiva de calidade.
• Os nenos e nenas con discapacidade requiren servizos, terapias, tratamentos e se relacionaren con iguais para conseguir a maior cota de autonomía persoal
É básico o apoio a estes rapaces e rapazas nos primeiros anos de vida pois é cando se adquiren habilidades tan importantes como aprender a camiñar ou a se comunicar. Por iso é imprescindíbel proporcionar nesa xeira da infancia con discapacidade, unha atención temperá especializada e de calidade que inclúa terapias e tratamentos multidisciplinares. O acceso a estes tratamentos incide na autonomía e autoestima dos nenos e nenas con discapacidade; ademais, son indispensábeis para que desenvolvan todo o seu potencial, o que facilitará a sua posterior inclusión e trato igualitario na sociedade.
lunes, 7 de marzo de 2022
8 de marzo día internacional da Muller
No Estado Español hai unha grande diferenza entre homes e mulleres neste aspecto. Hai 1.941.000 mulleres traballando a tempo parcial contra 712.900 homes, isto é por razóns de precariedade laboral, claro, pero desas persoas 307.700 mulleres teñen que traballar deste xeito para dedicarse a cuidados contra 19.800 homes.Tamén son as mulleres quen mais excedencias teñen que pedir para dedicarse a coidados, 90,95% frente a 9,1% dos homes. Moito camiño por percorrer aínda cara a igualdade.
Por unha sociedade solidaria e igualitaria que garanta os coidados ás persoas con diversidade funcional, por unha sociedade que avance cara a verdadeira igualdade, apoiamos a loita das mulleres este 8 de marzo e todos os días do ano.
miércoles, 2 de febrero de 2022
ASEMBLEA XERAL ANUAL DE PERSOAS SOCIAS DE ASPANEMI
martes, 1 de febrero de 2022
ASPANEMI REÚNESE COA XERENCIA DA ÁREA SANITARIA DE FERROL
martes, 25 de enero de 2022
lunes, 6 de diciembre de 2021
OBRADOIRO DE FABRICACIÓN DE ADORNOS DE NADAL E NOVO OBRADOIRO DE EMOCIÓNS
O vindeiro sábado 11 de decembro terá lugar un obradoiro de Fabricación de adornos de nadal e un obradoiro de emocións da Asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía). Terá lugar nos locais 1 e 2 do Local Social da Solaina, en Narón, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
As nenas e os nenos que asistan poderán desfrutar dunha tarde chea da maxia do Nadal. Confeccionaremos árbores, estrelas e todo tipo de adornos propios destas datas. Paralelo a este obradoiro celebraremos, por quendas, a terceira edición do obradoiro de emocións.Hai que lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar” (subvencionado polo Concello de Ferrol); é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato de ocio programado nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se basea a actividade da Entidade.
lunes, 8 de noviembre de 2021
NOVO OBRADOIRO DE EMOCIÓNS
O vindeiro sábado 13 de novembro levarase a cabo un NOVO obradoiro de emocións. O lugar é na Asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía). Terá lugar nos locais 1 e 2 do Local Social da Solaina, en Narón, en horario de 17:00 a 20:00 horas. Ademáis, neste obradoiro, a parte de traballar as emocións de maneira divertida, aprenderemos a relaxarnos.
Hai que lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar” (subvencionado polo Concello de Ferrol); é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato de ocio programado nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se basea a actividade da Entidade.
