martes, 1 de febrero de 2022
ASPANEMI REÚNESE COA XERENCIA DA ÁREA SANITARIA DE FERROL
Na reunión, as representantes de ASPANEMI solicitaron que se lle dese
importancia ás reclamacións, sobre todo referentes á parte de humanización,
das súas socias e socios, có fin de que non se repitan comunicacións e tratos
pouco respectuosos e humanizados tanto no momento do parto como
posteriormente. De novo solicitaron un traballo multidisciplinar e coordinado na
área de Atención Temperá, unha derivación posterior que lle dea continuidade
a esa rehabilitación e unha zona de estacionamento reservado para persoas
con mobilidade reducida. E incidiron na importancia que ten, en tódolos casos,
pero con especial incidencia nas familias con nenxs con diversidade o pel con
pel inmediato e ininterrompido, a prioridade da lactación materna e neste
sentido a axilidade có banco de leite, que se cumpran os protocolos
establecidos da UCIN para que o método canguro e a lactación materna sexan
unha realidade, que exista información sobre posibilidades de terapia familiar e
que se establezan vías de comunicación neste sentido.
Esta reunión non é excepcional, posto que se producen con certa frecuencia.
Neste sentido ASPANEMI sempre foi ben recibida e síntese libre e atendida
para facer a exposición de tódalas reclamacións que lle chegan, sexan
puntuais ou de procesos que se repiten.
Unha das necesidades que sempre se repiten, reunión tras reunión, é a de
Atención Temperá, xa que ASPANEMI considera básico o traballo dun equipo
coordinado de diferentes especialidades no que o fluxo de información e o tipo
de comunicación sexa sempre dende o acompañamento á familia en conxunto.
Feito este que evitaría ou mitigaría danos posteriores traducidos en dós non
resoltos, trastornos de estrés postraumáticos, depresións, ansiedades...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario