lunes, 8 de noviembre de 2021

NOVO OBRADOIRO DE EMOCIÓNS

 

O vindeiro sábado 13 de novembro levarase a cabo un NOVO obradoiro de emocións. O lugar é na Asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos  con Minusvalía). Terá lugar nos locais 1 e 2 do  Local Social da Solaina, en Narón, en horario de 17:00 a 20:00 horas. Ademáis, neste obradoiro, a parte de traballar as emocións de maneira divertida, aprenderemos a relaxarnos. 



Hai que lembrar que esta  actividade está dentro do programa de “Respiro familiar” (subvencionado polo Concello de Ferrol); é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato de ocio programado nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se basea a actividade da Entidade.

lunes, 11 de octubre de 2021

OBRADOIRO DE EMOCIÓNS E OBRADOIRO DE FABRICACIÓN DE ANIMAIS CON CASTAÑAS

 

                                                                                      






O vindeiro sábado 16 de outubro levaranse a cabo os obradoiros de emocións e paralelamente o de

fabricación de animais con castañas. Os obradoiros funcionarán en quendas. O lugar é na Asociación

AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía). Terá lugar nos locais 1 e 2 do Local

Social da Solaina, en Narón, en horario de 17:00 ás 20:00 horas.                         

Este é tempo de castañas, amais de comelas, 

podemos dar renda solta á creatividade con elas.

Neste obradoiro pasarémolo ben fabricando

animaliños con elas. De xeito paralelo, e por

quendas, asistiremos a un divertido obradoiro de

emocións.

Hai que lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro

familiar” (subvencionado polo Concello de Ferrol); é dicir, que serve para dar un

tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes

pasan un bo rato de ocio programado nun espazo plenamente inclusivo; posto

que non só se centran no colectivo no que se basea a actividade da Entidade.

martes, 13 de abril de 2021

CAMPAÑA INFORMATIVA

Realizamos unha campaña informativa sobre a nosa asociación consistente en colocar carteles nos centros educativos e nos centros de saúde de toda a comarca. Neses carteles explicamos a funcións básicas da nosa asociación asi como as actividades que desenvolvemos, con especial atención aos talleres para Respiro familiar e a escola de Pais e nais. .

lunes, 4 de diciembre de 2017

Obradoiro de pintura 2 de decembro de 2017



Ola a todos e a todas! O pasado sábado tivemos o obradoiro de pintura de decembro, onde puidemos realizar diferentes actividades plásticas relacionadas co Nadal. Coma sempre, desfrutamos da presenza dos nosos compañeiros de ASPANAES, pero, desta vez, tamén contamos coa colaboración de moitos voluntarios novos. Moitas grazas a todos!

jueves, 30 de noviembre de 2017

Obradoiro do mes de decembro de 2017




Ola a todos e todas! Este sábado 2 de decembro de 17 a 20 horas no local 3 do Local Social da Solaina (Narón) celebramos o noso obradoiro mensual de pintura. Quen se apunta?


Os nenos e nenas que participen realizarán actividades plásticas en relación co próximo Nadal, como son a elaboración de adornos e creación de neve artificial. Logo, participarán en diferentes dinámicas e xogos de grupo. Ó rematar, reporán forzas cunha merenda.

Lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se oferta ó colectivo no que se centra a actividade da citada asociación, senón que está aberto a calquera neno e/ou nena da contorna que queira asistir.

lunes, 6 de noviembre de 2017

Obradoiro de pintura 4 de novembro de 2017




O pasado sábado celebramos o obradoiro de pintura do mes de novembro, onde fextexamos o Samaín facendo esqueletos con bastoncillos, morcegos con material de refugallo e boches de cabaza. Ademais, a nosa merenda foi terrorífica. Pasámolo tan ben que xa estamos desexando que chegue o seguinte! Non o perdas!

jueves, 2 de noviembre de 2017

Obradoiro de pintura novembro 2017: "Samaín"





O Samaín chega a ASPANEMI o 4 de novembro 17:00 a 20:00 horas  (local 3 do Local Social da SolainaNarón). Ven a pasalo de medo!

Os nenos e nenas que participen poderán desfrutar dunha festa de disfraces na que se farán actividades totalmente lúdicas baseadas na realización de diferentes actividades plásticas relacionadas co Samaín, como son a elaboración de broches de cabazas e colgantes de morcegos ou a recreación dun esqueleto. Logo, participarán en diferentes dinámicas e xogos de grupo. Ó rematar, reporán forzas cunha merenda temática.


Lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se oferta ó colectivo no que se centra a actividade da citada asociación, senón que está aberto a calquera neno e/ou nena da contorna que queira asistir.