O Samaín chega a ASPANEMI o 4 de novembro 17:00 a 20:00 horas (local 3 do Local Social da Solaina, Narón). Ven a pasalo de medo!
Os nenos e nenas que participen poderán desfrutar
dunha festa de disfraces na que se farán actividades totalmente lúdicas baseadas
na realización de diferentes actividades plásticas relacionadas co Samaín, como
son a elaboración de broches de cabazas e colgantes de morcegos ou a recreación
dun esqueleto. Logo, participarán en diferentes dinámicas e xogos de grupo. Ó
rematar, reporán forzas cunha merenda temática.
Lembrar que esta actividade está dentro do programa
de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais
e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo
plenamente inclusivo; posto que non só se oferta ó colectivo no que se centra a
actividade da citada asociación, senón que está aberto a calquera neno e/ou
nena da contorna que queira asistir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario