Ola a todos e todas! o vindeiro sábado (4 de marzo) en vez de llevarse a cabo o obradoiro mensual de pintura, ASPANEMI celebrará a festa do Entroido.Terá lugar no local 1 do Local Social da Solaina, en Narón, de 17:00-20:00h.Festa vez podrán asistir nenos e nenas cos seus país e nais; os cales terán a oportunidade de disfrutar de diferentes actividades de animación e globoflexia nun ambiente musical, asi como saborear os doces típicos destas datas.Desde xeito pregovos que colaboredes coas vosas propias creacions (filloas, orellas, torrixas).
lunes, 6 de febrero de 2017
Aquí a proba de como os nosos nenos pasáronllo o pasado día 4 de febreiro no noso taller de pintura, realizando as súas caretas para o entroido.Miren as súas caras de satisfacción coas súas caretas, e a felicidade que lles dá realizalo por se mesmo.
A parte de que interactuan entre eles, facendo intercambios de ideas, xogos, bromas,etc.es unha boa forma de que se relacionen con outros nenos.
Cada taller que facemos é único e especial para eles, xa que todo o que organizamos é expresamente para o máximo goce dos pequenos.
Esperámosvos no proximo taller de pintura de ASPANEMI.
viernes, 3 de febrero de 2017
O vindeiro sábado 4 de febreiro levarase a cabo o obradoiro
mensual de pintura da asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con
Minusvalía) de 17:00 a 20:00 horas no
local 3 do Local Social da Solaina, en Narón.
Os nenos que asistan poderán desfrutar de
actividades totalmente lúdicas enfocadas á preparación do Entroido: elaboración
de caretas e/ ou antifaces da persoaxe, animal ou temática que elixa cada neno
ou nena para despois imitalo. Logo, por grupos, faremos unha representación
doutros avatares para que o equipo contrario ó adiviñe. Ó rematar, reporemos
forzas merendando.
Lembrar que esta actividade está dentro do
programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a
pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato
nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no
que se centra a nosa actividade.
lunes, 23 de enero de 2017
Se queres colaborar connosco, xa se sexa coma socio, voluntario, ou facendo unha colaboración puntual, non o dubides, fala con nós! Agardámoste na OFICINA F do LOCAL SOCIAL A SOLAINA (Rúa Mercedes Freire Lago,nº4 Baixo,15570 Santa Icía, Narón) ou atendémoste no número de teléfono 981946319!!!
viernes, 20 de enero de 2017
ASPANEMI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía), como cada ano, organiza unha viaxe á neve tanto para socios como para non socios, aberto a todo o publico. O que se pretende é que persoas con algún tipo de discapacidade poidan experimentar o que se sente esquiando, ademais gozaremos de unha convivencia interxeracional.
Nesta ocasión ASPANEMI aloxarase na Residencia Spa “A Minería” . Un complexo totalmente adaptado e con posibilidade de utilización do spa tanto sábado como domingo.
¿Animádesvos a participar?
¿Animádesvos a participar?
Socios: 90€/ persoa.
Non socios: 130€/persoa.
Persoas con discapacidade e o seu acompañante: 110€/ persoa.
Todo incluido excepto a actividade de esquí.
Data límite reserva: 30 de Xaneiro 2017.
Para máis información 981946319 (ASPANEMI) – 616609067 (Mar).

jueves, 12 de enero de 2017
O vindeiro sábado 14 de xaneiro AS.PA.NE.MI
(Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía) invitavos obradoiro mensual de
pintura que Terá lugar no local 3 do Local Social da Solaina, en Narón, nun horario
de 17:00 a 20:00 horas.
Os nenos que asistan poderán desfrutar de actividades totalmente lúdicas como son a realización de diferentes manualidades con materiais de refugallo; e que inclúen a elaboración dun xogo de bolos do que desfrutaremos ó remátalo, así coma outros xogos e dunha estupenda merenda.
Lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se centra a nosa actividade.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)