jueves, 12 de junio de 2014

PREMIO LITERARIO


X  PREMIO  INTERNACIONAL  DE  CONTOS

     A Fundación ANADE convoca o X Premio Internacional de Contos escritos por persoas con discapacidade. O obxectivo destes premios é fomentar a lectura e a creación literaria nas persoas con discapacidade física, psíquica, orgánica e sensorial ou enfermidade mental.

     A súa postulación básica é: Ser diferente non é ser menos, é ter outro punto de vista sobre as cousas.

  O prazo límite de entrega dos orixinais remata o 17 de outubro e establécese primeiro e segundo premio (500 e 300€ respectivamente) en dous categorías: colectivo de persoas con discapacidade intelectual e colectivo de persoas con discapacidade física, sensorial, orgánica ou enfermidade mental.

     Deixámosvos o enlace para que poidades consultar as bases:


ACTIVIDADE PROPOSTA


ÚLTIMOS DÍAS PARA ANOTARSE NA XUNTANZA INTERXERACIONAL !!!

     Lembrarvos a actividade que organiza o Concello de Narón, promovida pola Concellería de Promoción Social, da Xuntanza Interxeracional na Feira do Trece, en Sedes, o vindeiro sábado día 28 de Xuño.

     Dende as 10 da mañá e ata as 19.30h haberá demostración de actividades varias (musicoterapia, danza oriental, baile de salón, artesanía...) e, pola tarde, baile e zumba. Tamén pola tarde, a nosa asociación organiza unha actividade cos cans adestrados de Pedro Salas (que xa tivemos ocasión de coñecer o ano pasado) onde poderemos ver as magníficas habilidades e capacidades que teñen.

     O xantar podedes traelo vós ou coller o menú de 15€ composto de polbo, callos, carne asada, tarta xeada e bebidas.

     Importante: Haberá un autobús gratuíto que sairá arredor das 9.30h para quen non queira levar o coche.

     Animádevos a participar !!!
 É unha boa ocasión para fomentar a convivencia !!!


ACTIVIDADE DEPORTIVA


ÚLTIMAS PRAZAS PARA LECER NÁUTICO !!!

     Dende COGAMI infórmannos de que aínda quedan 8 prazas libres no Programa de Lecer Náutico na quenda do 24 ao 27 de xuño, organizada para rapaces de entre 10 e 18 anos, aínda que non son prazas para persoas usuarias de cadeira de rodas (estas xa se esgotaron).

     Importantísimo: O prazo de inscrición remata o venres día 13.

     Animádevos a participar!


miércoles, 11 de junio de 2014

CAMPAÑA "ALBA, LA PROMESA"


ENVÍO DE TAPÓNS DA CAMPAÑA "ALBA, LA PROMESA"

     A familia de Alba e a nosa asociación queremos agradecer a colaboración de tantas e tantas persoas na recollida e escollida de tapóns que fixo posible que este luns se cargara o cuarto tráiler con destino á planta de reciclaxe; un tráiler con 9.200 kg de tapóns, o que supuxo que se puideran recaudar 1.840€ para a mellora da calidade de vida de Alba.

    Dende AS.PA.NE.MI pedimos que sigades coa vosa colaboración de cara a continuar co noso compromiso coa saúde de Alba. 

MOITAS GRAZAS !!!




lunes, 9 de junio de 2014

XUNTANZA INTERXERACIONAL


ENCONTRO  INTERXERACIONAL -  28  DE  XUÑO  DE 2.014

     O Concello de Narón, a través do Servizo Sociocomunitario e a Concellería de Promoción Social, organiza unha xuntanza interxeracional o 28 de xuño na Feira do Trece, en Sedes.

     Durante toda a xornada haberá xogos inchables infantís, exposicións e traballos de artesanía, así como demostración de diversas actividades (musicoterapia, cantareiras, baile, zumba...).

     O encontro empezará ás 10h coa chegada dos participantes e rematará ás 19.30h. Quen queira, pode contratar o menú para o xantar que custa 15€ e componse de polbo, callos e carne asada, tarta xeada e bebidas (nese caso, comerán nunha carpa), ou ben, levar a súa propia comida (e comerán nunha nave).

     Pola tarde, AS.PA.NE.MI organiza unha actividade cos cans adestrados de Pedro Salas que tanto gustou aos nosos socios e socias o ano pasado. Nela poderemos ver as grandes habilidades que teñen e desenrolan os nosos queridos amigos.

    Se estades interesados en participar nesta xuntanza, poñédevos en contacto coa asociación no teléfono 981.946319 ou no mail aspanemi@gmail.com. Tedes tempo ata o venres día 13.