miércoles, 5 de febrero de 2014

INFORMACIÓN TEA



    INFORMACIÓN  TEA

     Dende Algalia chéganos información sobre un proxecto orientado a promover a Calidade de Vida de persoas que presentan Trastornos do Aspectro do Autismo (TEA).
         
         
        Para máis información podes pinchar no seguinte enlace

martes, 4 de febrero de 2014

ACTIVIDADE DO MÉRCORES




ESCOLA  DE  PAIS

      Este mércores, día 5 de febreiro, vai ter lugar a primeira escola de pais do ano. Será no local da asociación, cun horario de 20 a 22 horas.

      Se queredes participar, xa sabedes. Pode ser unha boa experiencia para todos nós.



lunes, 3 de febrero de 2014

OBRADOIRO DE PINTURA



MURAL  DO  INVERNO

       Este derradeiro sábado, día 1 de febreiro, tivo lugar o primeiro obradoiro de pintura do ano.

        Nesta ocasión, os nenos e nenas participantes fixeron un mural baixo a temática "O Inverno".

        A experiencia resultou moi gratificante e todos eles pasárono moi ben e, ao remate da actividade houbo unha boa merenda para os nosos xóvenes artistas.





          

COCHE ADAPTADO EN VENTA



COCHE ADAPTADO EN VENTA

          Chegou á dirección de correo electrónico da nosa entidade un anuncio de venta dun coche adaptado. Facémonos eco desta noticia por si puidese interesar a alguén.
           
           Se queredes máis información, pregamos que vos poñedes en contacto coa Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas, ou ben chamando ao número de teléfono 981 93 05 44.  



viernes, 31 de enero de 2014

SÁBADO DE ACTIVIDADE




TALLER  DE  PINTURA

                   
          Lembrade que este sábado vai haber o taller de pintura que se celebra na nosa asociación todos os primeiros sábados de mes.
       
      A actividade terá lugar na aula 3 da sala A dos baixos do Local Social da Solaina, nun horario de 17 a 20 horas.

       Xa sabedes que, ao mesmo que as outras accións que leva a cabo a nosa entidade, trátase dunha actividade inclusiva, non dedicada unicamente aos e ás nenos/as con discapacidade, senón a todo aquel que queira participar. Por iso, entendemos que se trata dunha boa oportunidade para establecer relacións interpersoais fructíferas para os nosos pequenos.

Agardamos a vosa asistencia!




miércoles, 29 de enero de 2014

ACTIVIDADES NOUTRAS ASOCIACIÓNS


ACTIVIDADES ORGANIZADAS

        Chegou a ASPANEMI información sobre diferentes actividades preparadas por outras asociacións e pensamos que poderían ser do voso interese:

        - dende a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol establécese o II Programa de Deporte Adaptado, unhas actividades financiadas pola Deputación de A Coruña para promocionar a práctica do deporte en persoas con algún tipo de discapacidade. Lembrámovos que a prematrícula para participar neste programa hai que facela a través dun formulario na web www.comarcaferrolterra.es, na sección deporte adaptado-inclusivo, antes do día 7 de febreiro.

       




      - dende a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas, vanse levar a cabo unha serie de obradoiros. Podedes animarvos e participar!







miércoles, 22 de enero de 2014

SAÍDA A NEVE




RECORDATORIO PARA O ESQUÍ ADAPTADO

                    Lembrade todos os que participedes na excursión á neve deste vindeiro fin de semana que a saída do autobús terá lugar o venres 24, ás 16.00 horas, dende a estación do FEVE en Xubia. Agradeceríamosvos moito que sexades puntuais. 

   Traede moitas gañas de pasalo ben!