jueves, 7 de febrero de 2013

Esquí Adaptado - Convenio Concello Narón 2013 (actividade cofinanciada polo Concello de Narón)


NOVA VIAXE DE ESQUÍ ADAPTADO E FAMILIAR


Como xa sabedes, AS.PA.NE.MI. está a organizar unha nova viaxe á estación de esquí de San Isidro, en León. O que se pretende con esta viaxe e que as persoas que sofren algún tipo de discapacidade poidan experimentar o que se sinte esquiando e que coñezan un entorno diferente, xunto as súas familias.

Recordámosvos o presuposto e data para a actividade de esquí adaptado en San Isidro.

(OBLIGATORIO CERTIFICACIÓN MÉDICA DE PODER ASISTIR A ACTIVIDADE)

DATAS: Saída o 22/03/2013 ás 16:00 h. detrás do antigo concello de Narón. Volta o 24/03/2013 as 16:00 - 16:30 h dende San Isidro.

PRESUPOSTO:
- Viaxe de Narón a San Isidro, en autobús adaptado, ida e volta 40€/per. ¡¡¡socios gratis!!!
- Estanza con almorzo, comida e cea (inclúe almorzo e comida do domingo) no albergue de FELECHOSA: 50€/per. ¡¡¡nenos de menos de 4 anos gratis!!!



EN RESUMO; VIAXE E ESTANZA CON COMIDA:
Socios: 50 €/per.
Non Socios: 90€/per.
A máis disto os NON SOCIOS QUE ESQUIEN terían que aboar 12 € para un seguro de accidentes, de carácter voluntario. No caso de non querer facelo deben firmar unha renuncia.

PREZOS EN SAN ISIDRO:

PISTAS
medio día - 20€/per.
Debutantes - 15€/per.
Adulto día enteiro - 27€/per.

ALUGUER DE EQUIPAMENTO* (esquís, táboa de snow, botas, etc.):12€/per.
* tamén equipamento adaptado

PARA OS QUE ESTEAN INTERESADOS EN CLASES:
- Clase única (individual): 28 €/per.
- Clase en grupo (mín. 4 persoas): 7 €/per.



PRAZO LÍMITE PARA RESERVAR PRAZA 13 DE FEBREIRO  




O PAGAMENTO DO AUTOBÚS E A ESTANZA HAI QUE FACELO POR ADIANTADO, EN CASO DE RESERVAR E NON ASISTIR NON SE DEVOLVERÁ A PARTE CORRESPONDENTE AO 40% DO ALBERGUE (20 €).










APUNTARVOS PARA VIVIR A NEVE DUNHA FORMA ÚNICA

VAIVOS ENCANTAR!!!!





O Programa de Esquí Adaptado 2013
é unha actividade cofinanciada
polo Concello de Narón no marco do 
Convenio 2013 asinado coa nosa entidade

viernes, 1 de febrero de 2013

Campaña Tapóns Solidarios: "Alba la Promesa"


CAMPAÑA “ALBA LA PROMESA”
PUNTOS DE RECOLLIDA DE TAPÓNS



NARÓN
AS.PA.NE.MI. (Colaborador e contacto informativo) Rúa Mercedes Freire Lago, nº 4, Porta F, Santa Icía. Narón.

Nave de Amenadás. (Punto de Almacenaxe) Na Estrada de Cedeira por detrás do Gadis Novo. De luns a venres de 07:30 a 14:30 h.)

Baixos da Casa da Cultura. Praza de Galicia s/n, Narón. De luns a venres de 10,30 a 13,30 horas e tardes dos luns de 16,30 a 19,30 horas.

Colexios e Institutos do Concello de Narón.

Casa Chís. Santa Icía

Bar Alecrín. Santa Icía.

Bar Vagón. Estrada de Castela 568, Piñeiros. Narón.

Pizzería El Sol. O Ponto. Piñeiros, Narón.

Perruquería Martina Sueiras. Estrada de Castela. Piñeiros, Narón

Panadería O Forno da Estrada. Estrada de Castela 422-424. Piñeiros, Narón.


Carnicería Porta. Estrada de Castela 598, Piñeiros, Narón.

Ximnasio Revolution GYM. Alto do Castaño. Velázquez, 28-30, NARON.

AVV. Chafarís. Alto do Castaño. Rúa Tui 16, Baixo.

Panadería Rúa do Foro (detrás do Xulgado de Narón)

Panadería “O Forno da Estrada”. Carretera de Castilla, 422 - Piñeiros, Narón.

Estanco Piñeiros. Estrada de Castela, 525, Narón.

La Rueca. Estrada de Castela, 175, Narón

Prado Marquetería. Estrada de Castela 373, Narón.

Clínica Dental Sonia López. Estrada de Castela 576-580, Narón.

Armería Domingo. Estrada de Castela 982, Narón

Clínica Veterinaria Narón. Estrada de Castela 670-672, Narón 

Froitería Josmer. Estrada de Castela 586, Narón.

Piensos Biona. Plaza de San Roque, Narón.

Cafetería Exedra. Praza do Xulgado, Narón.

Cooperativa o Val.Vila Cornelle, s/n, O Val, Narón.

Mercería Pili. Santa Rita. (O lado do Colexio)

FERROL
Arquitecto Marcide - Novoa Santos. San Pedro (Leixa) s/n, FERROL.
Hospital Naval.  Ferrol.

Cafetería Arquitecto Marcide. Ferrol.

Navantia. C/ Taxonera, s/n, Ferrol

Colexios e Institutos do Concello de Ferrol.

Peluquería Edisa. Alcalde Usero, 77, Ferrol.

Posto “O Forno da Estrada”. Mercado de Caranza, Ferrol.

A Cociña Económica. C/Ruvalcaba, Ferrol.

Alcampo. Pol. Ind. Gándara, s/n, Ferrol.

AKI. Pol. Ind. Gándara, s/n, Ferrol.

Panadería “Puesto de Germán”. Casas Baratas, Ferrol.

Peluquería Saraiba Unisex. C/Iglesia, nº 36, 1º, Ferrol.

Panadería “ A Broa”. Estrada de Castela, 226 B, Ferrol.

Bar o Felgo Casas de Antano. Caranza, Ferrol.

AVV de Ultramar. Calle Sartaña 20, 15404, Ferrol 

NEDA
Ultramarinos Somozas, Avd. Algeciras 81, Neda.

LARAXE-CABANAS
Cooperativa IRIS, Poligono do Vilar do Colo s/n, Laraxe, Cabanas.

Panadería- Ultramarinos Sampayo. C/ Pereiro, 12, Laraxe, Cabanas.

Casa do Concello. R/ de Concello, 3. 15621 Cabanas.

ARES
Biblioteca Municipal de Ares. C/ María, Ares.

Peluquería Estilo. C/ María, Ares.

 MUGARDOS
Intituto de Mugardos. C/ Cristo s/n. Mugardos.

Zapateria Lotri. Mugardos.

Ayuntamiento de Mugardos. Avd. Galicia, 45, Mugardos.

Asociación de Minusválidos de Mugardos, Mugardos centro.

Bar Río Mar O Seixo,  Mugardos Centro.

LUGO
Regalos Alba. C/ Benigno Quiroga Lancara. Lugo.

Frutería Ana. C/ Benigno Quiroga Lancara. Lugo.

Mesón do Neira. c/ Avenida de Valdriz Lancara. Lugo.

Casa Ramón. C/ Lancara. Lugo.


Esquí Adaptado - Convenio Concello Narón 2013 (actividade cofinanciada polo Concello de Narón)


ALGUNHAS FOTOS DA NOSA VIAXE Á NEVE 
(CONVIVENCIA ESQUÍ ADAPTADO E FAMILIAR)


Como cada ano, AS.PA.NE.MI. (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía) organizou unha nova viaxe de esquí adaptado e familiar, actividade cofinanciada polo Concello de Narón mediante o convenio asinado coa nosa entidade para o ano 2013.
O autobús adaptado que transportou o grupo de 34 persoas que formaron parte desta convivencia,  e que estaba composto por persoas con discapacidade física e intelectual e as súas familias, saíu de Narón o pasado venres 25 de Xaneiro           dirección San Isidro, León  

O que se pretende con esta viaxe (que durou todo un fin de semana) e que as persoas que sofren algún tipo de discapacidade poidan experimentar o que se sinte esquiando e que coñezan un entorno diferente xunto as súas familias, a máis de ser unha actividade que favorece a súa inclusión, posto que neste tipo de convivencias avogamos por integrar as persoas con discapacidade en entornos novos para eles.



A convivencia de Esquí adaptado e familiar, e xa unha cita imprescindible en AS.PA.NE.MI., e forma parte indispensable do Programa de Ocio e tempo libre da entidade. Os usuarios da mesma puideron gozar, de clases particulares de esquí, xogos na neve, aloxamento no Albergue de Felechosa a pensión completa e como non, do goce das pistas da estación de esquí de forma individual ou en grupo. A convivencia xera un clima de compañeirismo, amizade e solidaridade do cal os nenos e os máis maiores vense favorecidos notablemente e do que AS.PA.NE.MI. síntese orgullosa.




  En resumo, pequenos e maiores con ou sen discapacidade...

...Xogaron coa Neve, Bromearon, Riron...

E pasárono XENIAL!!!






O Programa de Esquí Adaptado 2013 é unha actividade cofinanciada polo Concello de Narón no convenio asinado coa nosa asociación para o ano 2013.




miércoles, 30 de enero de 2013

Obradoiro de Pintura (Respiro Familiar).



OBRADOIRO DE PINTURA
(RESPIRO FAMILIAR)


Este sábado día 2 de FEBREIRO ás 17:30 horas realizamos o noso "OBRADOIRO DE PINTURA". A temática deste fin de semana será o ENTROIDO!!

Como de costume é un actividade lúdica na que os vosos fillos poden entreterse pintando e xogando con cores, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade, así como relacionándose con outros nenos.

Ao finalizar o taller realizaranse xogos e farase unha merenda para todos os nenos que participen.

Por favor confirmen a súa asistencia.



¡¡¡PASARANO XENIAL!!!

jueves, 24 de enero de 2013

Campaña Tapóns Solidarios 2012-2013; "Alba a Promesa"


ENTREVISTA A RUBÍ E MARTA, NAI E TIA AVOA DE "ALBA A PROMESA"


A partir do minuto 32:20 podedes escoitar a entrevista no programa A FENESTRA SOLIDARIA a Rubi, a nai de ALBA, e a Marta a súa tía avoa, que vos achegan máis información sobre o estado de ALBA e a campaña.


Grazas a todos os que colaborades na campaña de "ALBA A PROMESA" e recordade: 

¡¡¡CONTINUAMOS XUNTADO TAPÓNS!!!


Para máis información deixámosvos o facebook de "ALBA A PROMESA" 
http://www.facebook.com/alba.lapromesa?fref=ts 

Tamén podedes seguir e informárvos da campaña contactando con AS.PA.NE.MI. a través do noso blog, teléfono: 981 946 319 ,correo-e: aspanemi@gmail.com ou no Facebook de ASPANEMI



martes, 22 de enero de 2013

Adeus a Ronda


HOMENAXE A RONDA




Unha cadeliña que nos deu moitos bos momentos e nos ensinou moito. 

Dende ASPANEMI queremos dar as grazas á Asociación Estímulos por deixarnos coñecer unha cadela tan estupenda, o igual que vos...





            ¡BOTARÉMOLA DE MENOS!

viernes, 18 de enero de 2013

Esquí Adaptado - Convenio Concello Narón 2013 (actividade cofinanciada polo Concello de Narón)


O VIAXE A NEVE XA ESTÁ CERCA



Recordámosvos que o próximo VENRES 25 de XANEIRO...Imos á NEVE!!! A saída do autobús será ás 16:00 horas do venres, detrás do antigo concello de Narón.

Importante para os usuarios: Levar sacos de durmir (para aqueles que non aluguen sabas no albergue), toallas, roupa de abrigo impermeable, crema solar e lentes de sol.

E o máis importante que tedes que levar:

GANAS DE PASALO BEN!!!





XA NON QUEDA NADIÑA!!!

Esta convivencia familiar na neve englóbase dentro do Programa de Esquí Adaptadp 2013, que é unha actividade cofinanciada polo Concello de Narón no marco do convenio asinado coa nosa entidade para o ano 2013.