jueves, 20 de diciembre de 2012

Festas de Nadal



 VISITA DE PAPÁ NOEL E O APALPADOR



Este sábado día 22 ás 17:00 h. no Local Social da Solaina, virán de visita Papá Noel e o Apalpador, para felicitar aos nosos nenos as festas de Nadal e escoitar todos os seus desexos.

¡¡¡¡Non volo perdades!!!!


E para todos aqueles nenos e nenas que non coñezan a Apalpador, deixámoslles aquí a súa historia.




viernes, 14 de diciembre de 2012

Rastrillo Solidario


RASTRILLO SOLIDARIO PARA

 DIVERFFEC FERROL E COMARCAS




Se estades por Ferrol o próximo xoves 20 ás 5 da tarde, pasarvos a saudar os nosos amigos de DIVERFFEC (Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas), que celebran un "RASTRILLO SOLIDARIO" (Rúa Colón, esquina Mendizábal, bloque 4, portal 5, fronte á Universidade Politécnica, ao lado da 
Casa do Patín). Se tes cousas que non necesites, podes levalas para que alguén que si as queira lles dunha boa nova vida. E se necesitas algo, ¡¡¡podes pasarte a ver que encontras!!!




Campaña Solidaria de Alimentos



RECOLLIDA SOLIDARIA DE 

ALIMENTOS PARA A COCIÑA ECONÓMICA.




A Asociación Vida Activa e o Colexio Público de Sillobre xunto co seu AMPA, están levando a cabo unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros (conservas de legumes, froitas, pescados, leite, azucre, aceite, etc.), a cal rematará o día 21 de Decembro, para colaborar coa labor da COCIÑA ECONÓMICA.




¡¡¡¡PARTICIPA CON ELES!!!! Podedes depositar a vontade nos seguintes puntos:


- Asociación Vida Activa: Local Social da Solaina; Rúa Mercedes Freire Lago, nº 4, Santa Icía, Narón.

- CEIP de Sillobre: Rúa Mestre Lois R. Calvo, S/N, Fene (de luns a venres de 09:00 a 14:00 h.).


---Cocina Económica de Ferrol ---


Respiro Familiar (Obradoiro de Pintura)




OBRADOIRO DE PINTURA (RESPIRO FAMILIAR)

Este sábado día 15 de Decembro ás 17:30 horas realizamos o noso "OBRADOIRO DE PINTURA".

Como de costume é un actividade lúdica na que os vosos fillos poden entreterse pintando e xogando con cores, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade, así como relacionándose con outros nenos.

Ao finalizar o taller realizaranse xogos e farase unha merenda para todos os nenos que participen.

Por favor confirmen a súa asistencia, mediante teléfono; 981 94 63 19 ou Correo-e: aspanemi@gmail.com 









martes, 11 de diciembre de 2012

Escola de Pais Decembro


ESCOLA DE PAIS



Hoxe, martes 11 de Decembro ás 20:15 horas ten lugar outra nova sesión da nosa "ESCOLA DE PAIS".

Abordarase un tema de interese para as familias, neste caso o control emocional e a relaxación e manterase unha dinámica de diálogo e participación común, para que os participantes teñan un espazo para a reflexión.

Non dubidedes en asistir, ¡é completamente gratuíto!

Se precisades de máis información podedes contactar connosco a través do noso teléfono: 981 94 63 19, ou do noso correo-e: aspanemi@gmail.com





¡¡¡¡¡ANIMARVOS!!!!!



lunes, 10 de diciembre de 2012

Dia internacional de los Derechos Humanos


DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS.


Este Día presenta, cada ano, a oportunidade de celebrar os dereitos humanos, avogar porque todos os individuos os gocen alá onde se encontren e destacar un problema específico relacionado con eles.
A cuestión que acapara a atención este ano é o dereito de todas as persoas sen distinción do seu sexo, a súa idade, o seu grupo étnico, a súa posición social ou de se PADECEN ALGUNHA DISCAPACIDADE, a facer oír a súa voz na vida pública e a ser incluídos no proceso de adopción de decisións políticas. 

Comparte as túas ideas sobre o dereito a participar na vida pública e na adopción de decisións políticas mediante #VoiceCount.

Unha aperta, amigos de AS.PA.NE.MI.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Día do voluntariado



 DÍA INTERNACIONAL DOS VOLUNTARIOS


O Día Internacional dos Voluntarios ofrece unha oportunidade para que as organizacións de voluntarios e os propios voluntarios fagan visibles as súas contribucións á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio promovidas polas Nación Unidas, tanto no ámbito local e nacional como internacional.


Dende a nosa asociación queremos dar protagonismo o altruismo dos nosos coolaboradores e  dar a coñecer que o Programa de Voluntarios de AS.PA.NE.MI., ademais de mobilizar a unha veintena de voluntarios cada ano, traballa para establecer programas de voluntarios e crear estruturas que fomenten e manteñan o voluntariado local. 

O Día Internacional dos Voluntarios (DIV) é unha celebración do séu compromiso e da súa esperanza dun mundo mellor. Hoxe temos o propósito de recoñecer o dedicación destas persoas para con nos e informar a xente sobre o impacto do voluntariado na nosa asociación e nos nosos  nenos e familias, á súa vez, renderlles homenaxe pola súa dedicación e o seu impacto.

"Nunca dubides de que un pequeno grupo de persoas poden cambiar o mundo. De feito, sempre se conseguiu así. "

- Margaret Mead


¡¡¡¡¡GRAZAS POR FACERNOS MELLORES!!!!!!