lunes, 15 de octubre de 2012

Inicio Aquaterapia 2012


AQUATERAPIA



Boas amigos,

Informámosvos de que neste mes de OUTUBRO empezamos con AQUATERAPIA, un programa de promoción dá Saúde, en convenio coa DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA e COGAMI-CORUÑA.


DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Trátase dunha actividade semanal en horario de VENRES: 17:15 - 18:00 h, con monitor para un grupo total de 25 persoas (12 pais/titores e 13 fillos) e valoración inicial de fisioterapia.

LUGAR: Realízase nas instalacións de Talasoterapia (piscina de Auga de mariña a unha temperatura similar á do corpo) de TERMARIA; Casa da Auga da Coruña.

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:
  •  Relaxación a nivel psicolóxico e muscular.
  •  Axuda para a mellora da mobilidade e autonomía persoal.
  •  Fortalecemento do sistema cardiovascular e pulmonar.
  •  Mellora da autoestima persoal e dos estados de ánimo positivos.
  •  Fortalecemento dos sistemas articulares previndo futuras lesións.
  •  Función analxésica e sedante do dolor muscular e articular.


Para máis información contactar con nós a través do BLOG, do noso correo-e: aspanemi@gmail.com, ou do noso número de contacto: 981946319 (Horarios de MAÑÁ: 09:00h-12:00h e TARDE: 17:00h-20:00h.) 

jueves, 11 de octubre de 2012

AS.PA.NE.MI. novo curso e comezo da actividade

Chegou o OUTONO a AS.PA.NE.MI. e con el iniciamos a nosa actividade cun novo horario semanal de luns a venres:

Mañás: 9:00-12:00 Administración e atención ao público.

Tardes: 17:00-20:00 (Luns e Martes) e 16:00 a 19:00 (Xoves e Venres) Programa de intervención/rehabilitación psicolóxica.

Agás Mércores á tarde, sesións de Hipoterapia en NEDA.

Primeiro sábado de cada més 17:00 a 20:00 h."Taller de Pintura".


Primeiro martes de cada més de 20:00 a 22:30 h. "Escola de Páis".

Do resto das nosas actividades irémosvos informando no noso BLOG, e para calquer dúbida contactar con nos vía correo-e ou teléfono, sempre neses horarios ¡xa sabedes!

Unha aperta amigos.


lunes, 18 de junio de 2012

Hipoterapia




HIPOTERAPIA

É UNHA TERAPIA ALTERNATIVA QUE CONTA CON MÚLTIPLES BENEFICIOS:

  • CONTRIBUE AO DESENROLO COGNITIVO, FÍSICO E EMOCIONAL.
  • LOGRA CONCIENCIAR E AUTOMATIZAR O PATRÓN FISILOXICO DA MARCHA.
  • TRATA DESORDES DO MOVIMENTO.
  • REGULA O TONO MUSCULAR, DESENROLA E AFIANZA O ESQUEMA CORPORAL
  • TRABALLA ASPECTOS EMOCIONAIS E SOCIAIS
  • MELLORA A ESTABILIDADE E POSTURA DO TRONCO E A CABEZA.
  • TRABALLA ASPECTOS COGNITIVOS DO LINGUAXE.
  • ETC. . .

PÓDEDES ACUDIR A ÉL TODOS OS MÉRCORES EXCEPTO EN VACACIÓNS.



lunes, 11 de junio de 2012


Campamento educativo RECREA (verano 2012).

Un conjunto de actividades dirigidas a desarrollar valores relacionados con el trabajo en equipo, la actividad física, el aprendizaje y la salud. y todo ello, de una forma amena y divertida.
RECREA es una actividad para niñ@s con edades comprendidas entre los 4 y los 12 años, que se desarrolla en varios periodos, con el fin de ajustarse a las necesidades de cada familia:
1ª quincena: DEL 25 DE JUNIO AL 6 DE JULIO.
2ª quincena: DEL 9 AL 20 DE JULIO.
3ª quincena: DEL 23 DE JULIO AL 3 DE AGOSTO.
Semanas opcionales: DEL 6 AL 17 DE AGOSTO.
PLAZOS DE INSCRIPCIÓN:Fecha límite:
1ª y 2ª quincena: 15 DE JUNIO.
3ª quincena y semans opcionales: 16 DE JULIO.
TARIFAS:Turno de mañana (quincena): 150 EUROS.
Turno completo (quincena): 250 EUROS.

lunes, 30 de abril de 2012

OBARADOIRO DE PINTURA


Tódolos primeiros sábados de cada mes AS.PA.NE.MI. fai un obradoiro de pintura.


O horario é de 16:30h a 19:00h, no noso local.

A actividade é gratuita e os participantes terán unha merenda!

Non é necesario traer material.





VEN  PASALO BEN CON NÓS!

domingo, 29 de abril de 2012

Xornadas de convivencia na neve

O pasado mes de febreiro pasamos uns días estupendos en San Isidro, esquiando e xogando coa neve. Aquí podedes ver unhas poucas das moitas fotos que fixemos.