lunes, 9 de enero de 2012

II OPEN INTERNACIONAL DE TENIS EN CADEIRA DE RODAS

“II OPEN INTERNACIONAL CIDADE DE A CORUÑA DE TENIS EN CADEIRA DE RODAS”


COGAMI - Correo Xeral correo@cogami.es

Estimados/as compañeiros/as:

Os vindeiros días 10, 11, 12 e 13 de maio terá lugar o II Open Internacional Cidade de A Coruña de Tenis en Cadeira de Rodas na Escola de Tenis Marineda en Cambre- A Coruña. Como o pasado ano, podemos asistir; este ano non só a ver o torneo e visitar a exposición (carpa con expositores de axudas técnicas, material ortopédico, material deportivo,...) senón tamén a recibir unha clase de tenis así como realizar actividades paralelas como pode ser facer unha ruta do Camiño de Santiago que pasa por Cambre en bicicletas adaptadas, en cadeiras ou a pé, visitar o Aquarium de A Coruña, etc.

Co presente achegámosvos un ficheiro ampliando esta información.

Aqueles que queirades participar, teredes que remitirnos un correo electrónico a correo@cogami.es con data límite o 3 de febreiro, indicándonos os seguintes datos.


Nome da entidade ou centro:

Día: (recoméndanse o 10 ou o 11)

Número de participantes totais: (non contabilizar monitores/acompañantes,...)

De estos cantos teñen mobilidade reducida: e cantos se desprazan en cadeira de rodas:

Cantos monitores/acompañantes, etc.:


Unha vez que teñamos todas as vosas peticións, poderemos concretar un pouco máis as actividades.


Área de Fortalecemento do Movemento Asociativo
e-mail: correo@cogami.es

viernes, 30 de diciembre de 2011

ESTE NADAL REGALA BONECOS E BONECAS QUE FAVOREZAN A INTEGRACIÓN



BONECAS, pola integración

A infancia é o mellor momento para entender o valor da diversidade


Vanesa Cenjor del Rey · 29 de Diciembre de 2011

Nestos días de agasallos e peticións a Papá Noel e aos Reis Magos: ¿qué millor petición que un xoguete que ademáis de entreternos nos axude a eliminar prexuizos?

Xa sabemos que un neno é como "unha esponxa". Cualquer comportamento que teñan as persoas importantes no seu entorno asimilarano como normal e natural.

Por este motivo, educadores de primeira infancia de Berlín desenrrolaron un enfoque da educación cultural para mestres e coidadores infantís que traballan con nenos a partir de dous anos.O programa Kinderwelten usa narracións de historias e xogos de rol para axudar incluso aos nenos máis pequenos a adaptarse de forma positiva á diversidade étnica e racial, un compoñente cada vez máis presente na súa clase e comunidade.

Con esta iniciativa, ponse a disposición dos profesores bonecas con personalidades únicas e con características que, de algunha forma, diferénciana do grupo no seu conxunto. Cada boneca ten a súa propia biografía, incluíndo a súa historia familiar, os nomes dos seus pais e irmáns, así como unha serie de historias sobre cómo viveu situacións nas que se fora tratada de forma inxusta, burláranse dela ou fora excluída a causa das súas diferenzas.

O propósito destas bonecas é "visitar" a aula para compartir as súas historias co alumnado máis pequeno. Mestres con unha formación especial usan as bonecas como ferramenta para abrir a discusión sobre o feito de ser diferente, os sentimentos e as respostas dos nenos e, o que é máis importante, para fomentar a empatía polo que as bonecas poideran ter experimentado como consecuencia dun trato inxusto.

O enfoque basado na empatía é o que convirte en único o programa Kinderwelten.

Nesta misma liña de traballo dende a infancia, comercializouse a boneca " baby down"


HAI QUE SEGUIR TRABALLANDO POLO RESPECTO Á DIVERSIDADE



Hai que seguir traballando polo respeito á diversidade


Vanesa Cenjor del Rey · 29 de Diciembre de 2011

Xa se fixo nos anos 30 e... ¿Cuánto avanzamos?

Fai unhos días, un estudo en México demostrou que o respeto polos demáis tense que xestar dende a infancia.

Neste caso en particular, amosa de xeito gráfico como unha serie de nenos e nenas expresanos seus sentimientos hacia unboneco branco e un negro...

Esta investigación xa fora experimentada polo matrimonio de psicólogos afroamericanos e activos loitadores polos dereitos civis Kenneth e Mammie Clark a finais dos anos 30 en Estados Unidos, o que nos está a indicar que temos que facer algo para conseguir un cambio real nas xeracións futuras.

Si vedes o video, pouco máis hai que dicir, so que: queda traballo por facer