jueves, 6 de abril de 2017









No noso obradoiro de pais e nais do mes de abril 2017 celebrado onte tivemos o pracer de contar coa presenza de Teresa Sabio, concelleira de Promoción Social e Igualdade, que presentou diversos programas que están a levar a cabo dende o Concello de Narón; entre o que destaca "Coidando á coidadora". Este obradoiro céntrase na adquisición de habelencias básicas e reforzo psicolóxico para coidadoras non profesionais de persoas dependentes. Baséase nun modelo de atención psicolóxica que supón a intervención grupal e inclúe métodos, técnicas e pautas para axudar a superar o desgaste mental e as cargas emocionais que supón o seu labor (control do estrés, técnicas de relaxación, control da implicación emocional, mobilizacións, alimentación, etc.).Terá lugar os venres de 18:30 a 20:30 horas no centro Manuela Pérez Sequeiros. As instancias poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de 8:30 a 13:30 (solicitude + fotocopia DNI) ata cubrir as prazas. 
Moitas grazas. Boa tarde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario