jueves, 30 de marzo de 2017

OBRADOIRO DE PINTURA.


O vindeiro sábado 1 de abril levarase a cabo o obradoiro mensual de pintura da asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía). Terá lugar no local 3 do Local Social da Solaina, en Narón, nun horario de 17:00 a 20:00 horas.
Os nenos que asistan poderán desfrutar de actividades totalmente lúdicas como son a elaboración de masa sensorial, a experimentación cunha mesa de luz, a realización de dinámicas de grupo e, por último, unha estupenda merenda.
Lembrar que esta sesión está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo plenamente inclusivo; posto que non están destinadas só ó colectivo no que se centra a nosa actividade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario