OBRADOIRO DE PINTURA.
O vindeiro sábado 1 de abril levarase a cabo o obradoiro
mensual de pintura da asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con
Minusvalía). Terá lugar no local 3 do Local Social da Solaina, en Narón, nun
horario de 17:00 a 20:00 horas.
Os nenos que asistan poderán desfrutar de
actividades totalmente lúdicas como son a elaboración de masa sensorial, a
experimentación cunha mesa de luz, a realización de dinámicas de grupo e, por
último, unha estupenda merenda.
Lembrar que esta sesión está dentro do programa de
“Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e
familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato nun espazo
plenamente inclusivo; posto que non están destinadas só ó colectivo no que se
centra a nosa actividade.