Este sábado, 1 outubro,
ASPANEMI celebra o seu segundo taller de pintura, despois das vacacións
de verán.
Tódolos nenos e nenas que queiran vir , gozarán dunha xornada
inesquecible sacando o gran artista que levan dentro. Este taller será especial
porque nel os nenos e nenas
farán fermosos agasallos para os seus
pais, elaborando colares e chaveiros.
Ademáis dunha pequena actividade sorpresa que temos preparada para os que se animen a acompañarnos nesta xornada.
Para finalizar o día, compartiremos unha rica merenda entre
todos para recargalas enerxías.
Vide connosco, non vos
arrepentiredes!
Esperámosvos das 17:00h as
20:00h no Baixo do Local Social a Solaina, Nº 4, Santa Icía.