viernes, 31 de octubre de 2014

SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS


SOLICITUDE DE BAMBÁNS ADAPTADOS AO CONCELLO DE NARÓN

      Na mañá do día de hoxe, a nosa presidenta, Dna. Montserrat Fraga, presentou no nome da asociación un escrito no rexistro municipal do Concello de Narón no que se solicita a adquisición e instalación de bambáns adaptados para nenos e nenas con discapacidade nos parques infantís ubicados no concello.

     A nosa entidade, caracterizada dende a súa creación pola defensa da plena integración das persoas con diversidade funcional na vida cotiá da cidadanía, entende que absolutamente todos os nosos pequenos teñen dereito por igual a ter un tempo de ocio nas mellores condicións posibles que garantan a súa saúde e benestar físico, tempo de lecer que teñen que disfrutar cos seus iguais, potenciando desta maneira a inclusión social e fomentando un axeitado desenvolvemento psicosocial na etapa infantil tanto do colectivo de nenos e nenas con discapacidade (relación cos demais, fomento de patróns de conduta en grupo, enriquecemento da linguaxe, a comunicación, a autoestima...) como do colectivo de nenos e nenas que non teñen estas dificultades (toma de conciencia efectiva de que hai persoas, totalmente válidas, que teñen outras necesidades e capacidades, que existe unha diversidade funcional).

     Adxuntando dita solicitude, presentouse tamén documentación gráfica sobre diferentes tipos de bambáns adaptados segundo sexan as necesidades concretas das persoas usuarias dos mesmos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario