ULTIMOS DÍAs PARA RESERVAR NO ESQUÍ ADAPTADO
Como xa sabedes, AS.PA.NE.MI. está a organizar unha nova
viaxe á estación de esquí de San Isidro, en León. O que se pretende con
esta viaxe e que as persoas que sofren algún tipo de discapacidade poidan
experimentar o que se sinte esquiando e que coñezan un entorno diferente,
xunto as súas familias.
Recordámosvos o presuposto e data para a actividade de esquí adaptado
en San Isidro.
(OBLIGATORIO
CERTIFICACIÓN MÉDICA DE PODER ASISTIR A ACTIVIDADE)
DATAS: Saída o 24/01/2014 ás 16:00 h. detrás do antigo concello de Narón. Volta o 26/01/2014 as 16:00 - 16:30 h dende San Isidro.
PRESUPOSTO:
- Viaxe de Narón a San Isidro, en autobús adaptado, ida e volta 40€/per. ¡¡¡socios gratis!!!
- Estanza con almorzo, comida e cea (inclúe almorzo e comida do domingo) no albergue de FELECHOSA: 52€/per. ¡¡¡nenos de menos de 4 anos gratis!!!. No albergue estaremos aloxados en habitacións de 4-6 persoas con baño na habitación. Non temos que levar saco de durmir, pero sí toalla.
EN RESUMO; VIAXE E ESTANZA CON
COMIDA:
Socios: 52 €/per.
Non Socios: 92€/per.
ALUGUER
DE EQUIPAMENTO* (esquís, táboa de snow, botas, etc.):10€/pers/día.
Os interesados tedes que sinalar a vosa talla, peso e núemro de pé.
Atención! Non alúgase
a roupa! Deberedes levar prendas de abrigo e impermeables
* tamén equipamento adaptado
* tamén equipamento adaptado
PARA OS QUE ESTEAN INTERESADOS EN CLASES:
- Clase única (individual): 28 €/per.
- Clase en grupo (mín. 4 persoas): 7 €/per.
- Clase única (individual): 28 €/per.
- Clase en grupo (mín. 4 persoas): 7 €/per.
ANIMÁDEVOS! PASARÉMOLO
MOI BEN!
Necesitaremos
o voso nome completo, DNI e data de nacemento
Se non podedes participar desta vez,
convocámosvos á próxima saída que terá lugar do 21 ao 23 de Marzo
No hay comentarios:
Publicar un comentario