martes, 30 de octubre de 2012

Novas: Tarxeta Sanitaria Demencias


Bos días amigos,

Aquí vos deixamos unha  información que vos pode ser de utilidade. 

O SERGAS puxo en marcha unha nova tarxeta sanitaria para persoas con demencias. Para solicitala deben dirixirse o seu centro de saúde así terán un protocolo de atención diferente e as derivacións para os especialistas serán mais áxiles.

Deixámosvos o enlace do Portal da Consellería de Sanidade, por se vos interesa. http://www.sergas.es/

Un saúdo.



viernes, 26 de octubre de 2012

Inicio Campaña 2012 Tapóns Solidarios


CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS


O igual que en anos anteriores AS.PA.NE.MI. coolabora activamente na organización da Campaña de "Tapóns Solidarios", unha iniciativa de grande éxito.

A Campaña este ano é para axudar a Alba, unha moza de 14 anos con lesión cerebral dexenerativa que precisa dun custoso tratamento médico para paliar o avance dunha enfermidade voraz.

A campaña de reciclaxe "Tapóns de Plástico Solidario" posta en marcha por AS.PA.NE.MI. ten a intención de crear unha rede de colaboradores solidaria e participativa, de empresas e persoas anónimas para a recolección de tapóns de plástico duro (de iogures, botellas de auga, deterxente líquido, tapóns de tetrabricks, botellas de aceite, etc.) para a seu posterior traslado e reciclaxe. A compañía de reciclaxe RECUPERACIONES HERAN S.L, empresa de servizos situada en Murcia pagaría en función de toneladas recibidas.

As persoas, empresas ou entidades que queiran participar doando tapóns de plástico poden poñerse en contacto coa asociación no teléfono: 981 946 319, por correo electrónico a: aspanemi@gmail.com ou directamente dende o noso blog.

Un pequeno xesto voso é para nós un grande avance.


Grazas amigos.

Podedes seguir o progreso de Alba na páxina de Facebook:

lunes, 15 de octubre de 2012

Inicio Aquaterapia 2012


AQUATERAPIA



Boas amigos,

Informámosvos de que neste mes de OUTUBRO empezamos con AQUATERAPIA, un programa de promoción dá Saúde, en convenio coa DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA e COGAMI-CORUÑA.


DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Trátase dunha actividade semanal en horario de VENRES: 17:15 - 18:00 h, con monitor para un grupo total de 25 persoas (12 pais/titores e 13 fillos) e valoración inicial de fisioterapia.

LUGAR: Realízase nas instalacións de Talasoterapia (piscina de Auga de mariña a unha temperatura similar á do corpo) de TERMARIA; Casa da Auga da Coruña.

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:
  •  Relaxación a nivel psicolóxico e muscular.
  •  Axuda para a mellora da mobilidade e autonomía persoal.
  •  Fortalecemento do sistema cardiovascular e pulmonar.
  •  Mellora da autoestima persoal e dos estados de ánimo positivos.
  •  Fortalecemento dos sistemas articulares previndo futuras lesións.
  •  Función analxésica e sedante do dolor muscular e articular.


Para máis información contactar con nós a través do BLOG, do noso correo-e: aspanemi@gmail.com, ou do noso número de contacto: 981946319 (Horarios de MAÑÁ: 09:00h-12:00h e TARDE: 17:00h-20:00h.) 

jueves, 11 de octubre de 2012

AS.PA.NE.MI. novo curso e comezo da actividade

Chegou o OUTONO a AS.PA.NE.MI. e con el iniciamos a nosa actividade cun novo horario semanal de luns a venres:

Mañás: 9:00-12:00 Administración e atención ao público.

Tardes: 17:00-20:00 (Luns e Martes) e 16:00 a 19:00 (Xoves e Venres) Programa de intervención/rehabilitación psicolóxica.

Agás Mércores á tarde, sesións de Hipoterapia en NEDA.

Primeiro sábado de cada més 17:00 a 20:00 h."Taller de Pintura".


Primeiro martes de cada més de 20:00 a 22:30 h. "Escola de Páis".

Do resto das nosas actividades irémosvos informando no noso BLOG, e para calquer dúbida contactar con nos vía correo-e ou teléfono, sempre neses horarios ¡xa sabedes!

Unha aperta amigos.