Coma cada ano seguimos colaborando coa recollida de tapóns para Alba.
jueves, 1 de octubre de 2015
jueves, 2 de julio de 2015
Taller de pintura Xullo
Bos días a todos.
Recordade que este sábado teremos o taller de pintura correspondente ao mes de Xullo.
Será no aula do Local Social a Solaina en horario de 17:00 a 20:00.
lunes, 29 de junio de 2015
Encontro interxeneracional 2015
Bos días a todos.
Como ben sabedes, o sábado pasado celebrouse o encontro interxeneracional en Sedes.
A él asisitiron un gran número de persoas e asociacións ás que queremos dar as grazas polo maravilloso día que pasamos xuntos.
Especialmente queremos dar a grazas a "Lobos de Naraío", pola demostración de agility que fixeron.
A continuación vos deixo unhas fotos e uns enlaces de páxinas onde podedes ver do que vos falo. Emoticono wink
martes, 16 de junio de 2015
Fotos Allariz
Como moitos xa sabedes. Este fin de semana fixemos unha visita a Allariz.
Unha visita inolvidable na que compartimos moitas experiencias.
Como queremos facervos partícipes do que vivimos poñemos a continuación unhas poucas fotos.
lunes, 8 de junio de 2015
Excursión a Allariz
Bos días a todos.
Recordade que aínda estades a tempo de apuntarvos á excursión de ASPANEMI desde fin de semana.
Nesta ocasión iremos de visita á asociación ANDREA.
A excursión será o sábado 13 e o domingo 14.
Se tendes calquera consulta ou dúbida mandade un email a aspanemi@gmail.com ou chamade ao 981946319.
Un saúdo. :)
miércoles, 20 de mayo de 2015
Campamentos xunta
Bos días a todos.
Quero informarvos de que xa está publicada a información dos "Campamentos específicos persoas con discapacidade 2015 da Xunta de Galicia".
Podedes acceder a dito contido no enlace que vos presento a continuación.
Queremos resaltar que este campamento está dirixido a unha idade comprendida entre os 11 e os 40 polo que novamente quedan excluidas moitas persoas que deberían poder disfrutar de ditas actividades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






