Despois de pasar tanto tempo limitados pola pandemia, este ano decidimos levar os Respiros Familiares un pouco mais lonxe, asi que na primeira fin de semana de xuño fomos respirar a Lamuño, Asturies.
Collimos as maletas e co bon saber de Mar organizáronse unhas xornadas marabillosas.
Un día mentres as familias “respiraban” e aproveitaban para coñecer Lamuño, un grupo de voluntarias estaban pendentes da rapazada que gozaban como verdadeiros cowboys nun paseo a cabalo por uns lugares espectaculares.
No seguinte dia a Asociación APTAA de Asturies, tíñanos preparada unha estupenda xornada de deportes adaptados para que o pasaramos ben no entanto os pais e nais facían turismo:
basquet en cadeira de rodas, bicis adaptadas, tiro con arco, e até competición de tiracroios con garavanzos!
Quedáchedes con ganas de ver mais fotos? Non tedes mais que acceder ao noso Facebook e agora tamén no noso Instagram.
lunes, 13 de junio de 2022
DISCRIMINA, QUE ALGO QUEDA!
Desde ASPANEMI queremos mostrar a nosa indignación co acontecido a unha das nosas socias en relación cos Campamentos de Verán organizados polo Concello de Narón.
O pasado día 8 de xuño unha das nosas socias quixo apuntar ao seu neno de 8 anos nos campamentos urbanos que se organizan no Pazo da Cultura. No proceso de inscrición alegou que o rapaz tiña diversidade funcional e foi informada de que non posuían persoal abondo para lle dar o apoio suficiente para realizar as actividades en igualdade co resto.
Obviamente esa nai non puido apuntar ao seu fillo e non se lle deu alternativa ningunha.
Como é posíbel que nestes tempos nos que a moitas institucións se lles enche a boca co politicamente correcto, co apoio á diversidade, co igualitarismo... un pequerrecho quedase sen a súa praza nun campamento porque o goberno municipal do concello de Narón non tivese presente a posibilidade real e o dereito que asiste a un neno con diversidade de acceder en igualdade cos seus compañeiros e compañeiras?
O feito de que este rapaz non teña as mesmas oportunidades é un fracaso deste goberno municipal. Dicimos mais: o feito de que este rapaz non poda asistir a ese campamento é un fracaso de toda a sociedade, por non falar de que se está a saltar todo tivo de normativas que amparan os dereitos deste neno.
Quizais aínda estea a Goberno Municipal do Concello de Narón a tempo de pintar o sorriso de novo nese rapaz, mais sobre todo, aínda está a tempo de facer algo para o que non se precisa unha variña máxica, chámase XUSTIZA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)