Din que "paso a paso faise o camiño" e en ASPANEMI tomámolo moi en conta. Por iso, o sábado dimos un moi grande cara a inclusión: corrimos na II Milla Mariña atlética "Correr en compañía", organizada polo colexio Compañía de María e a asociación Teima; e resultamos premiados pola deportividade amosada na proba. Moitas grazas por este recoñecemento, danos máis motivación para seguer correndo, andando ou rodando, pero sempre cara diante!
lunes, 5 de junio de 2017
Resumo do obradoiro de pintura mes de xuño 2017
O pasado sábado 3 de xuño tivo lugar o noso obradoiro mensual de pintura; onde realizamos mosaicos e figuras de papiroflexia, e, como traballamos moito en moi pouco, deunos tempo a facer globoflexia e a xogar un montón! Ós que viñéchedes e ós que non, esperámosvos no próximo!
viernes, 2 de junio de 2017
Obradoiro de pintura do mes de xuño 2017
AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía) celebra mañá, sábado 3 de xuño o obradoiro
mensual de pintura de 17:00 a 20:00 horas no
local 3 do Local Social da Solaina, en Narón.
Desfrutaremos de actividades totalmente lúdicas baseadas na elaboración de diferentes
manualidades aplicando a técnica dos mosaicos, así coma figuras sinxelas de
papiroflexia. Logo, realizaremos diferentes dinámicas de grupo. Ó rematar, reporemos forzas merendando.
Lembrar que esta actividade está dentro do
programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a
pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato
nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se oferta ó colectivo no que
se centra a nosa actividade, senón que está aberto a calquera
neno e/ou nena que queira asistir.
jueves, 1 de junio de 2017
Encontro Municipal Interxeracional: 18 de xuño 2017
Bos días a todos e todas! O vindeiro domingo 18 de xuño terá lugar o Encontro Municipal Interxeracional, que, como cada ano, organiza o Concello de Narón e que nos sirve de punto de reunión con outras asociacións do concello. Desde o mesmo facilítase servizo de transporte. Pódese desfrutar de comida elaborada por un cátering (langostinos, callos, carne asada, proia, bebidas, café e chupito por 17 €/ adulto e 7€/nenxs) ou ben leva-la da casa.
Dende a nosa asociación aportaremos unha exhibición de habilidades caninas e unha pequena clase de "agility" para cans, á cal podedes asistir cos vosos propios.
Se queredes formar parte desta iniciativa (xa sexa o Encontro, a clase de "agility" ou ambas cousas) ou desexades amplia-la información podédevos por en contacto con ASPANEMI mediante mensaxe privado de Facebook, e-mail (aspanemi@gmail.com) ou teléfono(981946319). O prazo remata o 6 de xuño.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)