Ola a todos e todas! O vindeiro xuño realizaremos a tradicional Convivencia de ASPANEMI en Allariz. Será a fin de semana do 24 e 25. Chegarase a alí o sábado ás 12 da mañá e voltarase o domingo despois de comer (o desprazamento realizarase en coches particulares). Ten un custo de 35/persoa, que inclúe aloxamento e a comida e a cea do sábado e a comida do domingo (en función das actividades que se realicen e o número de asistentes o prezo pode variar 3-5€). Para máis información e/ou inscripcións: aspanemi@gmail.com / 981946319 . Boa tarde!
martes, 9 de mayo de 2017
lunes, 8 de mayo de 2017
O pasado sábado 6 de maio tivemos o noso obradoiro de pintura mensual; no que as flores foron as protagonistas. Fixemos unhas moi persoais que nos serviron de agasallo para o día nai, xogamos, bailamos, merendamos...pero sobre todo divertímonos moitísimo! Ademais, puidemos darlles á benvida a dúas novas voluntarias: Carlota e Cris benvidas! Moitas grazas pola vosa axuda a vós, a Carol, e a esos pais e nais que sempre botan unha man! Vémonos na próxima!
jueves, 4 de mayo de 2017
O vindeiro sábado 6 de maio levarase a cabo o obradoiro
mensual de pintura da asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con
Minusvalía) de 17:00 a 20:00 horas no
local 3 do Local Social da Solaina, en Narón.
Os nenos e nenas que asistan poderán desfrutar de
actividades totalmente lúdicas enfocadas á celebración dos maios: elaboración
de diferentes manualidades baseadas nas flores, así coma cancións relacionadas.
Logo, realizaremos diferentes técnicas de dinámicas de grupo. Ó rematar,
reporemos forzas merendando.
Lembrar que esta actividade está dentro do
programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a
pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato
nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se oferta ó colectivo no que
se centra a nosa actividade, senón que está aberto a calquera neno e/ou nena.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)