OBRADOIRO "COIDANDO A COIDADORA"
Informámosvos do curso “Coidando
a Coidadora”, incluido no II Plan de Igualdade do Concello de Narón.
Tratase de un obradoiro
de atención e reforzo psicolóxico para coidadoras NON PROFESIONAIS de persoas
dependentes. Con límite de
prazas de 15 persoas, desenvolvéndose as sesións os venres de 18:30 horas a
20:30 horas no centro comunitario das Casas da Mariña.
As clases
estarán dirixidas por unha psicóloga, e basearanse nun modelo de atención
psicolóxica que supón a intervención grupal directa das mulleres.
OBXECTIVOS:
- Mellorar
a calidade de vida das coidadoras de persoas dependentes.
-
Desenvolver e potenciar as relacións sociais.
- Mellorar
a autoestima e, por conseguinte, o seu estado de ánimo.
- Combater
a soidade.
- Manexar
as emocións conflictivas xurdidas froito do coidado da persoa.
INSCRIPCIÓNS: No servizo
Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello). Máis información contactar
no teléfono 981 33 77 00 (extensión 1113)
