martes, 31 de marzo de 2015

Escola de pais e taller de pintura de abril

Bos días.
Queríamos avisarvos de que a escola de pais de abril móvese para o mércores 8. Asimesmo o taller de pintura de abril será o sábado día 11.
Pasádeo ben nas festas. :)

martes, 24 de marzo de 2015

Campamentos de verán

Bos días.
Hoxe vos enlazamos o DOGA correspondente á Campaña de Verán 2015, é dicir, aos campamentos xuvenís organizados pola Xunta.
Confío que vos poida resultar de utilidade Emoticono smile.

jueves, 19 de marzo de 2015

Ayudas Plan Familia

Bos días.
Por se vos resulta de interese vos enlazamos a "Convocatoria de Ayudas Plan Familia 2015" da entidade Adecco.
Aínda que non vos resulte útil, por favor, facédeo saber aos vosos coñecidos. Emoticono smile

miércoles, 4 de marzo de 2015

escola pais

Bos días.
Recordade que hoxe, mércores 4, a partir das 20:00 teremos a escola de pais do mes de marzo. Coma sempre xa temos algún tema preparado pero se tendes algunha suxerencia poñédevos en contacto connosco e veremos se o podemos incorporar para esta mesma sesión. Emoticono smile

jueves, 26 de febrero de 2015

Subvencións renovación ascensores

Bos días.
Hoxe temos para bos o enlace ao DOGA onde publícanse as "bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á renovación de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia" (Plan Renove de Ascensores)
Espero que vos poida resultar de interese a vós ou a alguén do voso entorno Emoticono smile

martes, 24 de febrero de 2015

Día mundial das enfermidades raras

Bos días,
Este martes día 24 de febreiro, entre as 22h30 e as 23h30 no programa de RADIO VOZ, “LA NOCHE CON ESTHER,
a portavoz de ASEM Carmen Vilaboa falará das ENFERMIDADES RARAS en ocasión do día mundial (28 de febrero)
Confío en que o poidades escoitar e vos resulte interesante Emoticono smile

miércoles, 11 de febrero de 2015


O pasado sábado, día 7 de febreiro realizouse no local Social A Solaina unha actividade terapéutica con animais grazas á colaboración da asociación Estímulos e aos seus cans amaestrados.


O grupo pasou unha tarde moi especial e enriquecedora que comezou cunhas actividades de manualidades, continuou coa visita dos nosos amigos de catro patas e rematou cunha merenda.


http://www.ferrol360.es/los-usuarios-de-aspanemi-participaron-en-una-actividad-terapeutica-con-perros/