viernes, 28 de junio de 2013

Horario de Verán

AVISO IMPORTANTE
HORARIO MES DE XULLO


O vindeiro luns 1 de Xullo comezamos co noso horario de verán, de 08:00 h. a 14:00 h.

Recordade que continuamos coa nosa aula de intervención e rehabilitación e coa atención familiar durante todo este mes.


Para calqueira dúbida contactade con nós a traves do noso BlogFacebook, e-mail: aspanemi@gmail.com ou Tlf.: 981 946 319.


miércoles, 26 de junio de 2013

Información Axudas

NOTA INFORMATIVA

AXUDA NO FOGAR e AXUDAS MAPFRE



Informámosvos da Aprobación inicial da ordenanza Municipal do SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR do Concello de Ferrol, podedes informarvos no número 118 do Boletín Oficial da Provincia.

Deixámosvos a continuación o link correspondente para que llevotedes unha ollada:






Fundación MAPFRE, lanza un Programa de Axudas de cara á adquisición de libros e material escolar para alumnos de primaria e secundaria de toda España.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 30 de xuño de 2013.


As bases e formulario poden consultarse en www.fundacionmapfre.org. A presentación de solicitudes haberá de facerse a través da devandita páxina web.

viernes, 21 de junio de 2013

Actividades Lecer: Viaxe pola ría de Ferrol


LECER NÁUTICO:
VIAXE EN BARCO POLA RÍA DE FERROL

Informámosvos de que temos 8 plazas disponibles para unha actividade GRATUITA no mar, trátase dunha viaxe en barco percorrendo a ría de Ferrol, e que nos facilita COGAMI a través do seu programa de LECER NÁUTICO. Se realizará o día 4 de XULLO en horario de tarde de 16:00 a 19:00 h. 


Podedes apuntarvos ata o vindeiro martes 25 de XUÑO. ¡ANIMARVOS!

Podedes confirmar asistencia chamando o 981 946 319 ou a través do noso correo electrónico: aspanemi@gmail.com.

Necesitamos que nos facilitedes: nome completo, DNI e teléfono de contacto. E se algún usuario vai en silla de rodas, precisamos que nos informedes para solicitar a grúa de acceso o barco.

Recomendacións: É necesario que levedes roupa e calzado cómodo, así como bañador e toalla, gorra,... por si fai bo día e roupa de abrigo e chuvasqueiro por si refresca o tempo, así como unha muda para cambiarvos ao remate da actividade. Tamén debedes levar crema de protección solar e recomendamos BIODRAMINA para previr os posibles mareos e gozar da navegación. Non se recomenda inxerir demasiados líquidos antes da actividade.




martes, 18 de junio de 2013

Información Axudas.


NOTA INFORMATIVA 

BECAS DOCUMENTACIÓN


Informámosvos de que convócanse bolsas para a formación práctica de documentalistas.

Das devanditas bolsas reservarase unha delas para a súa concesión entre persoas con DISCAPACIDADE de grao igual ou superior ao 33% sempre que reúnan os requisitos establecidos na base cuarta e acrediten, dentro do prazo a que se refire o apartado 2 da base quinta, o indicado grao de discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes. No caso de que a devandita bolsa non quedase cuberta, acrecerá á quenda libre.


Para máis información en torno a este tema ir o BOE, ou chamar directamente

902 365 303 / 911 114 000
Horario: de luns a xoves, de 9:00 a 17:00 h.;viernes, de 9:00 a 14:30 h.
Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro): de luns a xoves, de 9:00 a 15:00 h.; venres, de 9:00 a 14:30 h.


lunes, 17 de junio de 2013

Tapóns Solidarios: Campaña Alba La Promesa Xuño´13


VOLUNTARIADO TAPÓNS ALBA A PROMESA



O próximo XOVES 20 de XUÑO PRECISAMOS VOLUNTARIOS para a selección de tapóns en San Sadurniño é que posteriormente se levarán a Nave de Amenadás para o seu almacenaxe, o punto de encontro e na nosa asociación ás 09:00 h. da mañá, para logo ir cara San Sadurniño xuntos, se alguén non dispón de vehículo podémolo acercar.

Sabemos que é unha hora complicada, se podedes colaborar contactade con nós ven por Tlf; 981 946 319, correo-e; aspanemi@gmail.com ou facebook.




Xornada´13: Intervención en Discapacidades Múltiples"

XORNADA AS.PA.NE.MI.: "INTERVENCIÓN EN DISCAPACIDADES MÚLTIPLES"

A concelleira da área de Promoción Social do Concello de Narón, Teresa Sabio Rodriguez, inaugurou o pasado venres 14 de Xuño a xornada da Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía (ASPANEMI). Esta Xornada foi unha introducción a intervención  multidisciplinar nas polidiscapacidades, e nela deuselle unha especial relevancia as discapacidades múltiples relacionadas coa visión, como é o caso da Sordoceguera.

As xornadas celebráronse no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón, e contaron cunha audiencia total de 47 persoas.

Os relatorios correron a Cargo de Carlos Gonzalez, profesor do equipo específico da ONCE; Rocío Torres Santiago, mediadora de persoas con sordoceguera en FOAPS, e Carmen Ponce Durán, socio-fundadora de APASCIDE e nai dun mozo con discapacidade múltiple.

Deixámosvos un resumo da temática das ponencias:

Deficiencia visual/cegueira e polidiscapacidade
- Funcións do sistema visual.
- Estratexias de intervención.
- Colaboración interprofesional

Relator: Carlos Gonzalez Benito. Profesor do equipo específico de atención a cegos e deficientes visuais. ONCE.

Estratexias de Comunicación e intermediación familiar.
- A intervención en colexios, familia e ocio.
- Comunicación: Problemática e repercusións.
- As Ong´s e a súa función interdisciplinar.

Relatora: Rocío Torres Santiago. Mediadora de persoas con sordoceguera en FOAPS e mediadora e responsable de ocio en APASCIDE Galicia.

Apoio familiar nas discapacidades múltiples.
- Apoio Familiar: atención psicolóxica e respiro familiar.
- A vida familiar cun fillo con discapacidade múltiple.

Relatora: Carmen Ponce Durán. Sociafundadora de APASCIDE e nai dun mozo con discapacidade.

martes, 11 de junio de 2013

Aviso Informativo.


NOTA INFORMATIVA PARA OS NOSOS USUARIOS


Mañá mércores 12 de Xuño de 2013 a asociación permanecerá pechada por apoio a Folga comarcal.

Se precisades dalgún tipo de información podedes deixarnos aviso a través do noso Tlf: 981 946 319, correo-e:aspanemi@gmail.comBlog ou perfil de Facebook. Responderémosvos o antes posible.